‘Todo esto te daré’, o novo tema de Guadi Galego con Rozalén, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais
A canción acompáñase dun ‘lyric video’ realizado por La Parrocha Estudio que se pode ver desde hoxe en Youtube
Todo esto te daré, o novo sinxelo de Guadi Galego no que colabora Rozalén, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais. A peza, orixinalmente incluída na banda sonora da ficción producida por Audible sobre o libro homónimo de Dolores Redondo, inicia agora unha nova vida coa incorporación da creadora manchega. “A voz de Rozalén leva o tema a un lugar marabilloso”, sinala Guadi Galego.
A canción, estreada este venres 12, acompáñase dunha creación audiovisual realizada por La Parrocha Estudio e que se pode ver a través de Youtube. Segundo explica Guadi Galego, Todo esto te daré é unha canción de amor inspirada “na vida dos protagonistas, nun tema de amor e dor e na propia Paula”.
O lanzamento de Todo esto te daré prodúcese no mes no que Guadi Galego regresa aos escenarios do país logo dunha ausencia de máis dun ano e medio. A artista volve cun novo directo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para presentar, ao vivo, sobre as táboas dos teatros. Será a través de tres concertos exclusivos que terán lugar o 26 de xaneiro en Santiago de Compostela (entradas esgotadas), o 27 de xaneiro en Ferrol e o 13 de abril en Pontevedra. Os últimos billetes dispoñibles para estas dúas citas pódense adquirir na plataforma www.ataquilla.com.
Escoita Todo esto te daré https://links.altafonte.com/qb9kb8r
Todo esto te daré en video https://www.youtube.com/watch?v=haLh49nQxx8