García Mc publica o videoclip do seu novo sincelo “Mírame!”

García Mc lanza o videoclip do seu novo tema “Mírame!”, no que critica duramente o xenocidio en Palestina. Nun vídeo no que xoga coas sombras para recrear imaxes crúas, o rapeiro amosa o seu apoio cara o sector máis castigado no conflito, os nenos. Tras a boa acollida do lanzamento do tema, García mantén o compromiso social que o caracteriza para dar forma a unha representación visual da canción cargada de reivindicación e crítica aceda.

Mírame!”, presentada o pasado xoves baixo a produción de Petrowski (Ezetaerre), xúntase a “Quen Son Eu?” e “Aguardiente” como temas publicados recentemente por parte do rapeiro. Preto está xa o seu próximo traballo discográfico, que recibirá o nome de “Sergio Manuel”, e que será un EP de carácter autobiográfico. “Mírame!” é unha paréntese nos lanzamentos do seu novo disco, a modo de canción urxente polos nenos de Palestina.

Por outra banda, ábrese unha nova etapa para o rapeiro, que vén de anunciar fai escasos días o peche do ciclo ca Nación Quilombo. Tras 7 anos de traxectoria nas que creou unha banda rapeira de músicas do mundo, García Mc pecha esta etapa para abrirse a novos horizontes artísticos e creativos que anunciará en breve. As últimas oportunidades de desfrutar deste directo único en Galicia serán este 2024. Un directo que destacou por presentarse ante máis de 20.000 persoas na praza coruñesa de María Pita, entre outras datas moi sinaladas como a do Apóstolo en Santiago. O icónico Festival Revenidas será o lugar encargado para facer a despedida máis pública da Nación Quilombo, cun concerto especial no que interpretarán os seus grandes éxitos. O evento realizado en Vilaxoán de Arousa confirmou o seu concerto para o venres 13 de setembro no último avance de artistas publicado a semana pasada.

MÁIS SOBRE GARCÍA MC

García Mc é un dos grandes referentes da cultura hip-hop en Galicia. O rapeiro galego leva mudando o panorama musical os máis de 25 anos que leva en activo, destacando por levar as súas rimas lonxe das fronteiras galegas con diversas incursións por Latinoamérica, polo afán didáctico e divulgativo que o levou a impartir clases e obradoiros sobre cultura hip-hop e rimas, ou polo seu interese na combinación de xéneros con enfoque multicultural. O seu éxito quedou patente en concertos como o da de María Pita en 2022, ante 20.000 persoas que celebraban as festas da Coruña, así como en numerosos concertos en países como Portugal, Dinamarca, Cuba, Guinea-Bissau ou México, ou na participación en grandes festivais como o SonRías Baixas en 2022 ou o Festival Noroeste da Coruña en 2023.

En 2023, García Mc comezou a asentar as bases do que será o seu próximo traballo co adianto de “Quen son eu?”, que conta coa colaboración con Xisco Feijoo, e “Aguardiente”, no que colaboran artistas do mítico grupo Orishas, Julio Maloa, integrante de La Raíz, ou Dj Hazhe. Estes temas estarán incluídos no seu novo EP titulado “Sergio Manuel”, que verá a luz nos próximos meses e terá un carácter autobiográfico co que promete sorprender de novo ao seu público, amosando así a súa clara faceta innovadora, versátil e inconformista. “Mírame!” irrompe momentaneamente entre os lanzamentos do seu novo disco dada a situación urxente pola humanidade na Palestina Histórica, ao verso de: “Neno palestino, este é o meu rezo, a túa dignidade e luz eu agradezo”.

García Mc presenta “Mírame!”, un canto de dignidade para os nenos de Palestina

García Mc critica no seu novo tema “Mírame!” o xenocidio en Palestina. Desta maneira, o rapeiro mostra o seu apoio cara o sector máis castigado no conflito, os nenos. Unha acción máis que amosa o forte compromiso social de García coas inxustizas cara os máis vulnerables. Nesta ocasión, o artista galego xuntouse co produtor Petrowski (Ezetaerre) para dar forma a este rap cargado de reivindicación e crítica acedas.

Esta canción xúntase a “Quen Son Eu?” e “Aguardiente” como temas publicados recentemente por parte do rapeiro. Preto está xa o seu próximo traballo discográfico, que recibirá o nome de “Sergio Manuel”, e que será un EP de carácter autobiográfico. “Mírame!” é unha paréntese nos lanzamentos do seu novo disco, a modo de canción urxente polos nenos de Palestina.

Por outra banda, ábrese unha nova etapa para o rapeiro, que vén de anunciar fai escasos días o peche do ciclo ca Nación Quilombo. Tras 7 anos de traxectoria nas que creou unha banda rapeira de músicas do mundo, García Mc pecha esta etapa para abrirse a novos horizontes artísticos e creativos que anunciará en breve. As últimas oportunidades de desfrutar deste directo único en Galicia serán este 2024. Un directo que destacou por presentarse ante máis de 20.000 persoas na praza coruñesa de María Pita, entre outras datas moi sinaladas como a do Apóstolo en Santiago. O icónico Festival Revenidas será o lugar encargado para facer a despedida máis pública da Nación Quilombo, cun concerto especial no que interpretarán os seus grandes éxitos. O evento realizado en Vilaxoán de Arousa confirmou o seu concerto para o venres 13 de setembro no último avance de artistas publicado a semana pasada.

MÁIS SOBRE GARCÍA MC

García Mc é un dos grandes referentes da cultura hip-hop en Galicia. O rapeiro galego leva mudando o panorama musical os máis de 25 anos que leva en activo, destacando por levar as súas rimas lonxe das fronteiras galegas con diversas incursións por Latinoamérica, polo afán didáctico e divulgativo que o levou a impartir clases e obradoiros sobre cultura hip-hop e rimas, ou polo seu interese na combinación de xéneros con enfoque multicultural. Así como en numerosos concertos en países como Portugal, Dinamarca, Cuba, Guinea-Bissau ou México, ou na participación en grandes festivais como o SonRías Baixas en 2022 ou o Festival Noroeste da Coruña en 2023.

En 2023, García Mc comezou a asentar as bases do que será o seu próximo traballo co adianto de “Quen son eu?”, que conta coa colaboración con Xisco Feijoo, e “Aguardiente”, no que colaboran artistas do mítico grupo Orishas, Julio Maloa, integrante de La Raíz, ou Dj Hazhe. Estes temas estarán incluídos no seu novo EP titulado “Sergio Manuel”, que verá a luz nos próximos meses e terá un carácter autobiográfico co que promete sorprender de novo ao seu público, amosando así a súa clara faceta innovadora, versátil e inconformista. “Mírame!” irrompe momentaneamente entre os lanzamentos do seu novo disco dada a situación urxente pola humanidade na Palestina Histórica, ao verso de: “Neno palestino, este é o meu rezo, a túa dignidade e luz eu agradezo”.

GARCÍA MC presenta Aguardiente, novo adianto do que será o seu próximo disco, con Ruzzo Mc, Roldán, Julio Maloa e Hazhe

Sonoridade de alto voltaxe con sabor a verán é o que transmite Aguardiente, novo adianto de Sergio ManuelEp de García Mc, que verá a luz en 2024. Latinrap con esencias de trap onde o artista consegue unir a dous dos míticos exOrishas (RuzzoMc e Roldán), xunto a Julio Maloa (La Raíz/Nativa) sobre un ritmo do zaragozano Hazhe (que ten feito de beatmaker con Kase.O, Ayax y Prok, Natos y Waor, Kaze e un longuísimo etc…) para conformar un tema cun ritmo pegadizo e moi bailable. Aguardienteproducido en Pouland Studios por Iago Pico (premiado cun disco de ouro co seu traballo con Tanxugueiras), é tamén unha particular homenaxe de García ao son do disco A lo cubano (Grammy Awards) co que Orishas fixo historia e co que o artista pecha un círculo.

O tema fai referencia á segunda infancia vivida en Cuba, Mozambique e Galicia respectivamente.  Ese preciso momento onde lles chega por vez primeira o impulso de querer facer hip-hop, á idade de entre os 7 e os 14 anos. Feito do destino que marcaría por completo as súas vidas. Tanto Ruzzo Mc en Orishas, como Julio Maloa en La Raíz ou García Mc en Dios Ke Te Crew viviron experiencias extraordinarias na música, pero a pureza daquel instante da infancia no que deciden consagrar a súa vida facendo rap, permanece intacto. Aguardiente é a bendición santera de recibir un don e levalo ó mundo representado a través do barrio global de Maputo, La Habana ou Muros, todos unidos polo mar e unidos tamén polo mesmo sentimento hip-hop que transformaría as súas vidas por completo nestas diferentes latitudes.

O tema ven acompañado dun videoclip de Álex Pazos, producido polo propio García Mc e coa coreografía de Rainel Vera, nunha produción de baile de Yelena Molina. Rodouse en Santiago de Compostela e Pouland Studios coa participación de Ruzzo Mc, exmembro de Orishas e Julio Maloa, membro de Nativa e exmembro de La Raíz. Ten cameos de Iago Pico, Roldán, exmembro de Orishas dende París, e tamén do beatmaker Dj Hazhe dende Zaragoza. Danza yoruba e salsa conectan Galicia con Cuba e Mozambique nun videoclip enérxico e cheo de expresividade.

Aguardiente, novo adianto de Sergio Manuel, Ep de García Mc, que verá a luz en 2024
Neste tema, enmarcado no latinrap, o artista galego logra unir a dous dos míticos exOrishas (RuzzoMc e Roldán), xunto a JulioMaloa (La Raíz/Nativa) sobre un ritmo do zaragozano Hazhe.

García Mc presenta ‘Quen son eu?’, o seu novo single xunto a Xisco Feijoó

Quen son eu? Primeiro adianto do que será o novo disco de García Mc 

Un marcado estilo chill renova por completo a sonoridade do artista. Dende hoxe podedes escoitalo en todas as plataformas. 

Quen son eu? é o novo sinxelo de García Mc (a partir de hoxe dispoñible en todas as plataformas) e o inicio do que será o seu novo disco autobiográfico que levará por nome Sergio Manuel, o seu verdadeiro nome, e co que repasará, en septenios, a súa vida ata a actualidade. 

Quen son eu? permite coñecer unha nova versión de García Mc. Un estilo novo, drill (un subxénero do trap), no que o artista non afondara con anterioridade, con máis dureza e ritmos diferentes, co que o cantante tivo que reinventar a súa forma de rapear, xa que García ven de facer un rap máis clásico e tivo que reaprender a deslizarse por un ritmo dun xeito totalmente diferente, o que foi unha experiencia de aprendizaxe total para el. É unha rítmica completamente nova coa súa forza habitual. 

Quen son eu? fai referencia á gran cuestión da adolescencia e xira arredor dalgunhas partes dese período do artista. 

Se a todo isto lle sumamos a colaboración na produción de Iago Pico, un gran profesional no tratamento da voz, especialista en gravación e efectos especiais, fan da canción un single moi especial en todos os sentidos. 

En Quen son eu? hai unha colaboración moi especial de Xisco Feijoó. Para García era a persoa perfecta pola súa voz, a súa estética e a súa capacidade de mesturarse con mundos diferentes para cantar e tocar a pandeireta no estribillo da canción e facela diferente. 

XiscoFeijoó é un artista, cantante, bailarín, coreógrafo, presentador de televisión e profesor premiado, ademais de coordinador da sección de canto da OFG SondeSeu. 

Quen son eu? acompáñase tamén da estrea do videoclip que mestura a voz e a imaxe de García Mc, coa voz e os bailes de Xisco Feijoó, vestido de gala tradicional polas rúas e o Museo Marco de Vigo. “Pasado, presente e futuro na danza do tempo”, así o define o propio García Mc. 

*Información facilitada por PlayPlan Cultural