A obra de teatro ‘Go Home’, dirixida por Tito Asorey, e o recoñecido cómico Galder Varas soben ás táboas do Encontro Mundial de Humorismo esta semana

O 1 de maio, ás 19.30h, o Teatro Colón será testemuña da primeira obra de teatro de humor programada na historia do EMHU, Go Home, que aborda, desde a comedia, o turismo de masas

Galder Varas, un dos cómicos máis celebrados do momento, aterrará con Esto no es un show o xoves 2 no Colón, no que ofrecerá dous pases cuxos billetes están esgotados

As últimas entradas dispoñibles para Go Home, que conta con David Amor e Josito Porto como protagonistas, pódense adquirir a través da plataforma www.ataquilla.com 

O Teatro Colón será testemuña das novas propostas escénicas que a cuarta edición do Encontro Mundial de Humorismo ofrecerá ao público nas súas dúas próximas xornadas. O mércores 1 de maio, Día do Traballador, ás 19.30h, chegará a quenda do espectáculo Go Home, dirixido por Tito Asorey, e que conta con Josito Porto e David Amor como protagonistas. A peza -a primeira obra de teatro de humor programada na historia do EMHU- aborda, en clave de humor, a problemática do turismo de masas da man dalgunhas das figuras máis queridas da escena galega, como o dramaturgo José Prieto ou a directora de iluminación Laura Iturralde.

Pola súa banda, na tarde do xoves, 2 de maio, un dos cómicos máis celebrados do momento, Galder Varas, desembarcará no EMHU para ofrecer unha dobre sesión do seu monólogo Esto no es un show. O espectáculo, que se poderá ver tamén no Teatro Colón en dobre función, ás 20.00 e 22.30h, promete improvisación, chistes, sketches e unha morea de gargalladas. Os billetes para ver a Galder Varas, cuxos vídeos acumulan milleiros de reproducións nas redes sociais, están esgotados desde hai semanas. 

AXENDA EMHU 2024 – MÉRCORES 1 E XOVES 2 DE MAIO

SOBRE GO HOME

Mércores 1 de maio, ás 19.30 horas, no Teatro Colón (últimas entradas dispoñibles en www.ataquilla.com)

Go Home é o novo espectáculo de teatro que conta con David Amor e Josito Porto como protagonistas, en asociación con grandes nomes da escena galega como José Prieto, Tito Asorey, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto. Trátase dunha peza comprometida coa realidade que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa fixo todas as andanzas que as axencias de turismo lle podían ofertar… Todas, agás unha en concreto. Comeza así, para o noso protagonista, todo un mundo de emocións…

SOBRE ESTO NO ES UN SHOW

Xoves 2 de maio, ás 20.00 e 22.30 horas, no Teatro Colón (entradas esgotadas)

Se isto non é un show, estarase preguntando vostede, de que se trata entón? Pois probablemente do mesmo que outros moitos monólogos. Pode agardar un escenario, un micrófono e un cómico. Tamén pode agardar moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que puido ver de Galder Varas en redes. E, por último, pode agardar a honesta intención de facerlle rir a gargalladas. Mais o que non pode agardar é un show. Iso xa llo advertimos.

O EMHU, O GRANDE EVENTO DO HUMOR EN ESPAÑA

O Encontro Mundial de Humorismo celebra a súa cuarta edición na Coruña desde o 25 de abril e até o 5 de maio. Trátase da cita humorística máis relevante de España tanto polo número de actividades que ofrece como polos de espectadores: este ano sumará máis de 20.000 asistentes. O evento, impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, conta co apoio do Concello da Coruña, da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e de Estrella Galicia. 

A programación troncal do EMHU 2024 propón algúns dos espectáculos máis destacados do momento. É o caso de La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas, Esto no es un show, La ruina ou La nueva normalidad. Ademais, o Encontro Mundial de Humorismo conta don dúas galas de produción propia e que só se poden ver durante a celebración do evento na Coruña, como son Humoris Causa e Fantastic Colofon; e inclúe  espectáculos realizados por algúns dos humoristas máis recoñecidos do país. É o caso de Celebreixon, con Roberto Vilar, ou da obra de teatro Go Home, dirixida por Tito Asorey e que conta con David Amor e Josito Porto no seu reparto. Entre as propostas desta edición tamén está o show Tengo cosas para hacer, da arxentina Dalia Gutmann, que inicia en maio unha xira por España que terá, como punto de partida, o EMHU.   

Alén destes espectáculos, o Encontro Mundial de Humorismo 2024 conta cunha programación de actividades paralelas gratuítas que pretende favorecer que todos os públicos poidan gozar do grande evento do humor. É o caso do Match de Impro da Escuela Impro Coruña, o parladoiro Lo que me han enseñado los mayores, de Jordi Moltó, ou as gravacións dos podcast El Nicho, con David Perdomo, e El sentido de la birra, con Ricardo Moya, quen contará con Antonio Resines como convidado. Ademais, a veciñanza pode asistir ás conversas Coidado coas bromas. Unha mesa redonda sobre os perigos da comedia e O negocio do humor, ou mesmo á presentación do libro Pérdidas de risa, de Sílvia Abril.

20240430-Axenda-EMHU-1-e-2-de-maio

O EMHU 2024 reunirá na Coruña a Juan Dávila, Ana Morgade, Roberto Vilar, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Carolina Iglesias, Leo Harlem, Henar Álvarez e Silvia Abril

Os espectáculos La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas, Esto no es un show, La ruina, Celebreixon, La nueva normalidad, Go Home e Tengo cosas para hacer formarán parte dunha programación que coroarán as galas Humoris Causa e Fantastic Colofon

Sílvia Abril, Leo Harlem, Goyo Jiménez e Luis Piedrahita conformarán o elenco que participe en Humoris Causa o 4 de maio no Pazo da Ópera; mentres que Javier Veiga, David Cepo, Xosé A. Touriñán e As R(h)umorosas serán os responsables de clausurar o EMHU o 5 de maio con Fantastic Colofon no Teatro Colón

As entradas e abonos da cuarta edición do EMHU poderanse adquirir desde este venres 22, a partir das 11.00 horas, en www.emhu.es e na plataforma en liña www.ataquilla.com

O Encontro Mundial de Humorismo avanza este mércores a programación troncal da súa agardada cuarta edición, que se celebrará na Coruña do 25 de abril ao 5de maio de 2024. Álex Clavero, Ana Morgade, Carolina Iglesias, Dalia Gutmann, David Amor, David Cepo, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Henar Álvarez, Ignasi Taltavull, Javier Veiga, Juan Dávila, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Roberto Vilar, Sílvia Abril, Tomàs Fuentes, Xosé A. Touriñán e As R(h)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro) son os primeiros nomes que se dan a coñecer do cartel do EMHU 2024, cuxas entradas sairán á venda este venres, 22 de decembro, a partir das 11.00 horas, na páxina web oficial www.ehmu.es e na plataforma en liña www.ataquilla.com

O EMHU, a cita humorística máis relevante de España polo seu número de actividades e público (máis de 15.000 espectadores no 2023), está impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e conta co apoio de Estrella Galicia, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia. O Encontro Mundial de Humorismo reunirá no 2024, durante 11 xornadas, as figuras máis destacadas da comedia galega e estatal. Serán casi unha ducia de días nas que o humor e a improvisación provocarán o sorriso e o deleite do público da man dalgúns dos espectáculos máis seguidos do momento. É o caso de La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas ou Esto no es un show; mais tamén de producións propias como Fantastic Colofon Humoris Causa, citas nas que o EMHU xunta en cada edición un elenco de grandes figuras que se atoparn, por primeira vez, nun mesmo escenario.

A programación troncal de espectáculos do Encontro Mundial de Humorismo 2024 arrancará o venres 26 de abril no Coliseum da Coruña, con La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila, que regresa ao EMHU tras esgotar todas as entradas para a súa función da pasada edición en poucos minutos. O evento continuará o sábado 27 cun dos ‘shows’ máis relevantes do momento, que ten a súa orixe e inspiración no propio EMHU, e que se atopa de xira polos teatros españois: Mentes peligrosas. Así, Ana Morgade, Carolina Iglesias e Eva Hache visitarán o auditorio de Palexco nunha noite que contarán con Henar Álvarez como convidada especial. O domingo 28 será a quenda dun dos grandes cómicos da televisión galega: Roberto Vilar festexará 30 anos sobre as táboas en Celebreixon, que se poderá ver no Teatro Colón, unha das sedes habituais do EMHU.

O mércores 1 de maio volverá a programación de espectáculos de pago ao Colón con Go Home, a nova proposta escénica dirixida por Tito Asorey e interpretada por David Amor e Josito Porto; que dará paso no mesmo recinto, ao día siguiente (xoves 2), a un dos grandes nomes da última tempada: o humorista Galder Varas con Esto no es un show, cuxos vídeos suman milleiros de reproducións nas redes sociais. E xa na súa segunda fin de semana, o EMHU comezará o venres 3 en Afundación, co espectáculo Tengo cosas para hacer, da arxentina Dalia Gutmann, e o monólogo cómico La nueva normalidad, de Álex Clavero, no Colón. Precisamente no mesmo teatro da avenida da Mariña terá lugar, na mañá do sábado 4, unha das propostas máis queridas polo público do EMHU: a gravación deLa ruina, con Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes, un show para escachar de risa no que os cómicos convidan aos espectadores a narrar “as súas ruínas” ou momentos mási vergoñentos. De noite, o Pazo da Ópera acollerá, como é habitual, a gala con maior traxectoria do evento: Humoris Causa, que nesta ocasión reunirá, por primeira vez sobre un escenario, a Sílvia Abril, Leo Harlem, Goyo Jiméneze Luis Piedrahita, director artístico do EMHU. 

Finalmente, o EMHU botará o pano da súa cuarta edición o domingo 5 de maio, a partir das 20.00 horas, no Teatro Colón, coa gala final de clausura Fantastic Colofon, que nesta ocasión conducirán Javier Veiga, Xosé A. Touriñán, As R(h)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro) e David Cepo. Será unha noite ateigada de gags, risas e momentos únicos para gardar na memoria. Durante o desenvolvemento da gala, ademais, entregaranse os Premios EMHU 2024. 

ENTRADAS E ABONOS

As entradas e abonos do EMHU 2024 sairán á ventda este venres 22, a partir das 11.00 horas, na web oficial www.ehmu.es e na plataforma en liña www.ataquilla.com. O público poderá adquirir, tal e como é habitual no EMHU, catro tipos de abonos: 

  • Abono ‘Bueno’: Humoris Causa + Mentes peligrosas (60€ + gastos de xestión)
  • Abono ‘Bueno, bueno’: La capital del pecado 2.0 + Mentes peligrosas + Celebreixon + Go Home (78€ + gastos de xestión)
  • Abono ‘Bueno, de lo bueno, lo mejor’: Tengo cosas para hacer + La nueva normalidad + La ruina + Humoris Causa + Fantastic Colofon (87€ + gastos de xestión)
  • Abono ‘Bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor, lo superior’: La capital del pecado 2.0 + Mentes peligrosas + Celebreixon + Go Home + La nueva normalidad + Esto no es un show + Tengo cosas para hacer + Humoris Causa + La ruina + Fantastic Colofon  (162€ + gastos de xestión)

A programación do EMHU completarase con máis espectáculos e diferentes actividades paralelas, dirixidas a todos os públicos, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas. Para máis información sobre horarios, artistas ou espectáculos, recoméndase visitar o espazo web oficial www.emhu.es.



AVANCE PROGRAMACIÓN EMHU 2024


26/04, Coliseum | La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila.
27/04, Palexco | Mentes peligrosas. Con Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez.
28/04, Teatro Colón | Celebreixon, de Roberto Vilar.
01/05, Teatro Colón | Go Home. Con David Amor e Josito Porto.
02/05, Teatro Colón | Esto no es un show, de Galder Varas.
03/05, Afundación | Tengo cosas para hacer, de Dalia Gutmann.
03/05, Teatro Colón | La nueva normalidad, de Álex Clavero.
04/05, Teatro Colón | La ruina. Con Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes.
04/05, Pazo da Ópera | Humoris Causa. Con Goyo Jiménez, Leo Harlem, Luis Piedrahita e Sílvia Abril. 
05/05, Teatro Colón | Fantastic Colofon. Con As R(H)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro), David Cepo, Javier Veiga e Xosé. A. Touriñán. 

20231220-NP-GAL-EMHU-2024-Avance-cartel