Flora da Ulloa: 16ª Excursión botánica aos nacentes do Ferreira e do Pambre

O Instituto de Estudos Ulloáns, dentro do programa de exploración do territorio de Flora da Ulloa, o próximo sábado 21 despediremos o verán coa 16ª excursión botánica aos nacentes dos ríos Pambre e Ferreira, nos arredores das aldeas de Xacel, Fonte da Uz e Bistulfe.

Cerna do sistema montañoso da Dorsal Galega onde se afastan vales e aguas, unhas van ao sur cara ao Ulla e outras ao leste para o Miño.

En especial procuraremos plantas de braña de floración outonal, como a xanzá azul (Gentiana pneumonanthe) que ilustra o cartel anexo.

A data podería mudar de confirmarse as previsións de chuva que temos a día de hoxe.

*Información achegada desde o Instituto de Estudos Ulloáns.

IEU.- Flora da Ulloa: Excursión botánica á Serra de Ligonde

Para este próximo domingo 1 de setembro, mesmo para quen conte estar con folgos despois do Agrucuir, teremos a 15ª excursión de Flora da Ulloa pola serra e arredores de Ligonde, até meiodía. Procuraremos especies que florecen nesta época, como a Scilla autumnalis que ilustra o cartel anexo, ao tempo que exploraremos varios hábitats dese territorio altoulloán, rexistrando o resto de plantas que se detecten.

*Información remitida desde o IEU.

O Instituto de Estudos Ulloáns organiza excursión botánica á Ribeira do Pambre

O Instituto de Estudos Ulloáns organiza a próxima excursión botánica do proxecto Flora da Ulloa, organizada por Xurxo Mouriño, que terá lugar o próximo domingo día 21 pola ribeira do Pambre. Baixarase pola ribeira desde a altura do balneario, até chegar ao mediodía á confluencia co Ulla no Batán e seguir á tarde até a foz do río Seco, nos confíns da Ulloa, onde se xuntan as provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.

Podedes notificar a vosa asistencia a floraulloa@ieu.gal ou ao tfno. 609139498.

*Información achegada desde o Instituto de Estudos Ulloáns.