O salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba acolleu no mediodía deste sábado 7 de setembro a entrega de premios do VI Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2024, que convoca anualmente o Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ. O acto, presidido pola concelleira de Cultura de Vilalba, Tamara Rodríguez López, contou tamén coa participación do representante do xurado, Daniel Irimia Yáñez (que falou no seu nome e no de Emma Pedreira e Mercedes Queixas Zas, tamén integrantes do xurado e que non puideron asisitir), o editor e director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos, e o administrador de Culturalia GZ, Martiño Maseda, que foi o condutor de dito evento.
No acompañamento musical contouse coa participación da agrupación Buxos Verdes
A relación de persoas premiadas, que, ademais de recolleren cadanseu premio, leron o seu microrrelato, foi a seguinte:
Categoría Infantil:
3º Premio Deserto
2º Duarte Mariño Torrado, co microrrelato O poliño lector
1º Nicolás Salgueiro Alonso, co microrrelato Arquiinimigos
Categoría Xuvenil:
3º María Fernández Escaríz, co microrrelato Ondas
2º Paula Pérez Cendán, co microrrelato Soa
1º Lucía Domínguez Pereira, co microrrelato Rebelde
Categoría Adulta:
3º Carlota Millor Prado, co microrrelato Salvavidas
2º Sonia Martínez López, co microrrelato Reflector
1º Pedro Naveira Pedreira, co microrrelato Erro
As obras arriba citadas, xunto coas premiadas na edición do 2023, verán a luz o ano vindeiro nunha publicación que realizará Alvarellos Editora, editorial que tamén se encargou de levar ao prelo os dous primeiros volumes deste certame de narrativa hiperbreve que se vai consolidando no panorama literario galego.
A continuación unha ESCOLMA FOTOGRÁFICA que recolle distintos momentos da entrega de premios.
(Autoría das imaxes: Sonia García ePatricia Torrado)
O xurado integrado por Emma Pedreira, escritora e poeta, Daniel Irimia, tamén escritor e poeta, e Mercedes Queixas Zas, escritora e profesora, acordou o seguinte fallo:
Categoría infantil
1º Premio: Nicolás Salgueiro Alonso pola obra Archienemigos
2º Premio: Duarte Mariño Torrado por O Poliño Lector
3º Premio: DESERTO
Categoría Xuvenil
1º Premio: Lucía Domínguez Pereira polo microrrelato Rebelde
2º Premio: Paula Pérez Cendán pola obra Soa
3º Premio: María Fernández Escáriz por Ondas
Categoría Adulto
1º Premio: Pedro Naveira Pedreira polo microrrelato Erro
2º Premio: Sonia Martínez López por Reflector
3º Premio: Carlota Millor Prado pola obra Salvavidas
Na tarde de onte, conducido polo xornalista Xulio Xiz, celebrouse na Casa da Cultura do Concello de Vilalba o acto de presentación dos poemarios gañadores na pasada edición do Certame Literario que convoca o Concello de Vilalba. Refírome concretamente ás obras Telúrica de Xosé Otero Canto e Sonetos preposicionais de María Xosé Lamas, que acadaran o primeiro e o segundo premio, respectivamente. Un acto ateigado de xente que acudiu a escoitar na voz dos propios poetas algúns apuntamentos sobre cadanseus libros, ademais do recitado duns cantos poemas dos mesmos. Amenizou o acto o cuarteto musical Tuba e Dálle.
Velaí unhas imaxes que ilustran parte do acontecido onte:
Deseguido, fíxose pública na voz de Xulio Xiz, integrante do xurado, a acta coa resolución da XLIII Edición do Certame Literario de Vilalba, un dos máis lonxevos da Galiza, e agora ademais de maior contía económica, ao reducir o número de galardóns a un único premio, o cal se incrementa até os 7.000€. Lida a acta descubrimos que a obra gañadora neste 2017 foi ANTÍDOTO da escritora coruñesa Emma Pedreira Lombardía.
Emma Pedreira xa posúe unha ampla traxectoria literaria, non só en canto a premios acadados senón tamén no tocante a libros publicados. Por citar algúns datos que dean conta do anterior: Premio López Abente de Poesía con s/t, XIV Premio de Poesía Concello de Carral por Libro das mentiras, V Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño con Casa de orfas, IX Premio de Poesía Novacaixagalicia con Antítese da ruína, Premio Johán Carballeira por Velenarias, IV Premio Internacional de Poesía, “El Mejor Poema del Mundo”, co poema Lista da compra da viúva. Sen esquecermos títulos coma Corazón e demais tripas, Bestiario de silencios, Bibliópatase fobólogos, etc.