Acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, ANTÍA YÁÑEZ, que terá lugar o sábado, día 1 de febreiro de 2020, ás 20:30 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de
Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e ANTÍA YÁÑEZ, gañadora do premio.
Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe…
Para elo, contamos coa participación de:
BANDA MATO VIZOSO
EMILIA MARTÍNEZ FUENTES
ALFONSO MASEDA
GRUPO DA BIBLIOTECA “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” do IES BASANTA
SILVA.
BUXOS VERDES
Colabora no acto a Asociación de Xordos de Vilalba.

A entrada e libre e gratuíta.

A continuación, adxúntase cartaz, nota informativa e invitación de dito acto literario.

Acta resolución III Premio Agustín Fernández Paz

ACTA DA CONCESIÓN DO III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE


Reunido na Sala de Xuntas do Instituto de Estudos Chairegos, sita na Casa da Cultura de Vilalba, o sábado, día 26 de outubro de 2019, o Xurado do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Rosa Aneiros Díaz, D. Manuel Bragado Rodríguez e D. Xavier Senín Fernández,


Acordou por unanimidade outorgar dito Premio á obra titulada PLAN DE RESCATE presentada baixo o lema ou seudónimo de PLAN DE RESCATE
Unha vez aberta a plica, resultou ser a autora ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ

ADENDA:
Noela unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas conta a historia
protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio. Todos os catro
resolverán unha difícil situación que sofren o resto dos seus colegas e o
profesorado do centro. Unha aventura chea de humor e ironía onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.
E para que así conste, asinan a presente acta no lugar e data anteriormente citados,
Asdo.: Rosa Aneiros Asdo.: Manuel Bragado Asdo.: Xavier Senín

Velaquí a acta da resolución de dito premio.

Convocatoria do III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

Convócase o III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE que promoven, coma en anos anteriores, o INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, o CONCELLO DE VILALBA e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA.

Nos seguintes enlaces adxúntase cartaz, diptico e nota informativa relativos a dita convocatoria literaria.

*Información facilitada polo IESCHA.

María Reimóndez gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por FÓRA DO NORMAL

María Reimóndez gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por FÓRA DO NORMAL

 A escritora luguesa María Reimóndez Meilán gaña o I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuveil pola igualdade coa obra FÓRA DO NORMAL. Reimóndez, tradutora e intérprete de profesión, é unha escritora consolidada e considerada dentro do panorama literario galego, tanto polos premios literarios acadados como pola cantidade e calidade de libros publicados.

A este certame literario, convocado polo IESCHA e Concello de Vilalba, e coa colaboración de Edicións Xerais, presentáronse mais de 20 obras. E actuaron de xurado: os escritores Marica Campo e Xabier P. Docampo, e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.

*Información achegada polo IESCHA.

Presentación do libro ARQUITECTURAS DEBUXADAS de Santiago Catalán

Presentación do libro ARQUITECTURAS DEBUXADAS de Santiago Catalán

Acto de presentación do libro de Santiago Catalán “Arquitecturas Debuxadas”, organizado polo IESCHA coa colaboración do Concello de Vilalba e de Edicións Xerais de Galicia, e que terá lugar o vindeiro venres, día 27 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Villalba. O acto conta coa participación do propio autor, Santiago Catalán; do director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado; do profesor e vogal do Iescha, Manuel Roca Cendán, e da mestra e presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.

Velaquí información do evento e convite ao mesmo.

 

*Datos achegados polo IESCHA.