WOS Festival expándese por oito escenarios da cidade no día grande do evento, que inclúe a estrea da nova sede na Fundación Laboral de la Construcción
DjRUM, Croatian Amor, Black Rave Culture ou Loraine James, entre otros nomes, actuarán na noite do sábado 16 nas naves do complexo arquitectónico
A programación arrancará ás 13.00 horas cun live de Marlene Ribeiro & Inês Malheiro no Parque de Bonaval, e coa conversa na sede Afundación entre o músico Aho Ssan e o comunicador Phil Bloomfield
A Igrexa da Universidade, Fundación Eugenio Granell e o Teatro Principal acollerán diferentes lives ao longo da tarde; mentres que o CGAC celebrará a segunda e derradeira xornada do parladoiro ‘O son electrónico de Galicia’
A sala de cinema NUMAX acollerá a estrea española do documental ‘Expedition Content’, un traballo predominantemente sonoro sobre a relación entre antropólogos estadounidenses e nativos de Hubula, en Papúa Nova Guinea
O WOS Festival x SON Estrella Galicia supera o ecuador da súa sétima edición chegando ao seu día grande: o evento expandirase este sábado 16 por toda a cidade de Santiago de Compostela, ofrecendo concertos e actividades, desde as 13.00 e até as 05.00 am, en oito localizacións diferentes. O Parque de Bonaval, a sede Afundación, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a sala de cinema NUMAX, a Igrexa da Universidade, a Fundación Eugenio Granell, o Teatro Principal e a Fundación Laboral de la Construcción celebrarán a vangarda e a experimentación por todo o alto.
Un dos principais fitos desta edición é a estrea coma pista de baile de dúas das naves do complexo no que, hoxe en día, se atopa a Fundación Laboral de la Construcción. Situado na zona norte da cidade, o recinto combina espazos restaurados da antiga curtidoría de Pontepedriña d’Arriba, do século XVIII, con outros de nova construción nunha área de case 5.000 metros cadrados. A obra acadou, no 2018, o garladón á mellor rehabilitación nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia.
Nestas naves actuará un dos cabezas de cartel deste WOS: DjRUM, quen pechará a noite cunha sesión que comezará ás 03.30 horas. Antes, no complexo arquitectónico, o público poderá gozar dos directos de Heith ft. Declino, Bruce, Puce Mary, Croatian Amor, Loraine James (quen presentará Gentle Confrontation), JUAIT, objet blue & Natalia Podgorska (na estrea española de Pearl Forest); así como das sesións de Kia e Black Rave Culture.
A terceira xornada do WOS arrancará ás 13:00 horas na sede Afundación coa conversa entre o músico Aho Ssan -quen actuará pola tarde no Teatro Principal- e o comunicador Phil Bloomfield, nun encontro no que abordarán o proceso creativo do artista. Á mesma hora, a actividade comezará no Parque de Bonaval, cun live de Marlene Ribeiro & Inês Malheiro. Pola tarde, no mesmo espazo, Lamin Fofana e Akazie ofrecerán sendas sesións ás 16:00 e ás 18:00 horas, respectivamente.
Ás 16.00 horas, simultaneamente, terán lugar dúas actividades paralelas: a proxección de Expedition Content na sala de cinema NUMAX (na que será a súa estrea en España) e a segunda e derradeira mesa redonda arredor d’O son electrónico de Galicia, a proposta interxeracional na que colectivos, promotores e artistas comparten as súas visións e experiencias sobre a escena do país. Desta quenda, no CGAC, conversarán Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR. Frankie Pizá e Víktor Flores serán os responsables de moderar o encontro.
Esta intensa actividade desencadeará nunha chea de concertos e directos que comezarán ás 17:30horas e que, practicamente, non pararán até o amencer. Así, a Igrexa da Universidade acollerá o directo de Patricia Wolf, mentres que a Fundación Granell fará o propio con Loke Rahbek & Frederik Valentin (18:00 horas) e ABADIR (20:00 horas). Á vez, o Teatro Principal dará a coñecer a estrea mundial de Transmutation, o live AV de Alex Aller & Margarida Mariño e, por primeira vez en España, poderase ver Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes.Chegada a noitiña, contra ás 22:00 horas, a música trasladarase á beira do Sarela, onde o público poderá gozar na vangarda nas naves da FLC.
WOS Festival conta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio doutras institucións como Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña e Fundación Japón.
13:00 horas | Sede Afundación (entrada libre) Conversación con Aho Saan. Participan: Aho Ssan e Phil Bloomfield.
16:00 horas | Auditorio do CGAC (entrada libre) O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 2). Participan: Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR. Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.
16:00 horas | NUMAX Expedition Content(2020)*, dirixida por Ernst Karel e Veronika Kusumaryati.
17:30 horas | Igrexa da Universidade Patricia Wolf (Live)
Desde 18:00 horas | Fundación Eugenio Granell 18:00h – Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live) * 20:00h – ABADIR (Live)
Desde 18:00 horas | Teatro Principal 18:00h – Alex Aller & Margarida Mariño present Trasmutation (Live AV) ** 20:00h – Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes (Live AV) *
18:15 horas | Sede Afundación (CONVOCATORIA PARA GRÁFICOS) O conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e polo director do festival, Iván Arias, percorren distintos espazos polos que transcorre a sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia.
Desde 22:00 horas | Fundación Laboral de la Construcción (FLC) 22:00h | Sala 2 – Heith ft. Declino (Live AV) * 22:30h | Sala 1 – Bruce (Live) * 23:00h | Sala 2 – Puce Mary (Live) * 23:30h | Sala 1 – Croatian Amor (Live)00:00h | Sala 2 – Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV) * 00:30h | Sala 1 – JUAIT (Live) * 01:00h | Sala 2 – object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV) * 01:30h | Sala 1 – Kia (Dj) * 02:00h | Sala 2 – Black Rave Culture (Dj) * 03:30h | Sala 1 DjRUM (Dj)
Actress, Laurel Halo, Midori Takara, DJRUM, Lee Gamble, Croatian Amor ou Loraine James son os pratos fortes dun festival que se celebrará do 14 ao 17 de setembro en nove espazos da cidade.
A escena galega terá unha presenza relevante tanto no cartel coma no encontro interxeracional nomeado O son electrónico de Galicia, ao que están convidados medio centro de colectivos, djs, promotores e artistas.
Os últimos abonos e entradas de día dispoñibles para o WOS 2023 pódense adquirir a través do web oficial https://wosfestival.es.
A partir deste xoves 14, e até o domingo 17 de setembro, a capital galega amosará o seu lado máis arriscado e vangardista. A cidade acollerá a sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, o encontro multidisciplinar dedicado a promover e fomentar a música e a cultura de vangarda con concertos e actividades en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela.
O festival ofrecerá ao longo de catro xornadas un total de 29 actuacións musicais con artistas procedentes de máis de 15 países de todo o mundo (dos cinco continentes, desde Exipto ata India, pasando por Reino Unido, Portugal, Sierra Leona ou Australia, entre outros) que, habitualmente, só é posible ver en grandes cidades. Tres estreas mundiais e dezasete a nivel estatal formarán parte dunha programación arriscada, global e de vangarda que consolida a cita como un dos festivais de referencia en Europa, tanto para artistas da escena electrónica coma para promotores e público.
A nova edición do festival presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi (sé do Concello de Santiago), coa presenza do delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic), Jacobo Sutil; o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a concelleira de Capital Cultural de Santiago, Míriam Louzao; a responsable de comunicación de Corporación Hijos de Rivera, Cecilia Babarro; e o director do festival, Iván Arias.
Un festival multiespazo que se estende por toda a cidade
Do 14 ao 17 de setembro, WOS Festival x SON Estrella Galicia ofrecerá unha completa programación de case unha trintena de mostras sonoras, ademais de proxeccións de películas documentais e parladoiros. Mais un dos aspectos máis salientables do festival será, unha vez máis, os extraordinarios escenarios elixidos para as actuacións, que porán en valor o patrimonio arquitectónico e cultural da cidade. A Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a sede Afundación, a Fundación Eugenio Granell, a sala de cinema NUMAX, o Parque de Bonaval e a sala Capitol serán sedes dunha edición que, como novidade, incorporará o complexo arquitectónico industral da Fundación Laboral de la Construcción: dúas súas naves transformaranse, na noite do sábado 16, nunha pista de baile.
Actress, Laurel Halo, Midori Tadaka e DJRUM, cabezas de cartel do WOS 2023
As seareiras e seareiros dos sons máis inconformistas e da cultura contemporánea máis audaz e subversiva encherán as rúas, prazas e teatros da cidade para gozar das actuacións de figuras internacionais como Actress, Laurel Halo, Midori Takada e DjRUM,entre outros moitos. O británico Actress, nome imprescindible para comprender a evolución recente da música techno, presentará no WOS temas do EP Dummy Corporation (2022) e o seu último sinxelo, Push Power (a 1) (2023). Pola súa banda, a artista de culto Laurel Halo presentará ao vivo, da man da chelista norteamericana Leila Bordreuil, o seu novo traballo, nomeado Atlas (2023), unha proposta ambiental con influencia neoclásica. Ademais, as amantes do baile e das viaxes sonoras a través de xéneros e escenas gozarán da sesión nocturna do británico DjRUM, un dos mellores djs da década. E como broche dourado desta edición, e coas localidades esgotadas desde hai días, terá lugar a estrea mundial do novo espectáculo da lenda xaponesa da música ambient Midori Takada, Japan On Films (2023), proxecto que conta co apoio internacional de institucións tan prestixiosas coma o British Film Institute (BFI) e a Fundación Japón.
Croatian Amor, ABADIR, Lee Gamble, Malibu, Loraine James ou CORIN, por destacar só algúns nomes, son outras das figuras que formarán parte dun cartel que ofrecerá este ano tres estrenos mundiales: alén da xa mencionada Japan On Film (Live) de Midori Takada, o público gozará por vez primeira de Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live AV) e Kosu Nes & Urok presents Itionomaxi (Live AV).
Alén de achegar ao país a arte de grandes figuras de todo o mundo, WOS Festival x SON Estrella Galicia mantén o seu interese, desde 2016, pola escena local. Desde aquela primeira edición, na que procurou promover encontros e descubrir novos talentos, a súa aposta polo tecido creativo galego sempre estivo presente. Este ano o eventocontará con artistas como Ivankovà, JUAIT, Alex Aller & Margarida Mariño, Akazie, Kosu Nes & Urok e MIL111.
Programación paralela de cinema e conversas
Ademais de propostas musicais, WOS Festival 2023 ofrecerá unha interesante programación paralela que incluirá dúas proxeccións documentais que terán na música o seu tema principal e que se poderán ver no Cinema NUMAX. É o caso de CAN and Me (2022), un retrato íntimo de Irmn Schimidt, o fundador da banda CAN, que conta con materiais de arquivo e entrevistas para entender a súa figura; e Expedition Content (2020), na que será a súa estrea en España, unha peza que emprega material de arquivo sonoro de antropólogos estadounidenses e nativos Hubila, de Papúa Nova Guinea.
Alén das exhibicións cinematográficas, WOS proporá, en aberto, un programa de conferencias sobre a escena electrónica. Por un lado, porá o foco sobre a escena galega, considerada unha das máis interesantes do territorio peninsular, a través das mesas redondas O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, na que abordarán a boa saúde actual do panorma máis próximo e as súas diferentes ramificacións polas catro provincias, mais tamén o camiño percorrido até o de agora. Participarán artistas, colectivos, DJs e promotores. Pola outra, o festival contará cun panel que terá como protagonista a Aho Ssan. O músico, afincado en París, e que estreará Rhizomes en España no marco do WOS Festival, conversará sobre o seu proceso creativo co prestixioso xornalista musical Phil Bloomfield (Sónar Festival).
Últimas entradas dispoñibles
O WOS 2023 está a piques de pendurar o cartel de “entradas esgotadas”. Polo de agora, xa non quedan dispoñibles Abonos Weekend (15-17 de setembro) nin billetes de día para o venres 15 nin para a gala de clausura (domingo 17). As últimas entradas para esta edición pódense adquirir a través do web oficial www.wosfestival.es
WOS Festival conta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio doutras institucións como Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña e Fundación Japón.
ARTISTAS DO WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA (A-Z)
ABADIR (Live) Actress (Live AV)* Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevsky present Rhizomes (Live AV)* Akazie (Dj) Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation (Live)** Black Rave Culture (Dj)* Bruce (Live)* CORIN presents Lux Aeterna (Live AV)* Croatian Amor (Live) DjRUM (Dj) Heith ft. Declino (Live AV)* Iceboy Violet (Live)* Ivankovà (Live) JUAIT (Live)* Kia (Dj) * Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV)** Lamin Fofana (Dj)* Laurel Halo presents Atlas (Live AV)* Lee Gamble (Dj) Loke Rahbek & Frederik Valentin (Live)* Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV)* Malibu (Live) Marlene Ribeiro & Inês Malheiro* Midori Takada presents Japan On Film (Live)** object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV)* Patricia Wolf (Live) Puce Mary (Live)* Shackleton & Zimpel w/ Siddhartha Belmannu & Pedro Maia present In The Cell Of Dreams (Live AV)*
* Estrea en España ** Estrea mundial
PROGRAMA MUSICAL
Xoves 14, 21:00 horas (INAUGURACIÓN) | Teatro Principal Laurel Halo presents Atlas (Live).
Venres 15, 18:30 horas | Igrexa da Universidade Ivankovà (Live).
Venres 15, 20:00 horas | Teatro Principal Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia (Live AV) present In The Cell Of Dreams (Live AV).
Venres 15, desde 22:00 horas | Sala Capitol 22:00h – Kosu Nes & Urok present Itionomaxi (Live AV).23:00h – CORIN presents Lux Aeterna (Live AV).00:00h – Iceboy Violet (Live).01:00h – Actress (Live AV).02:00h – Lee Gamble (Dj).
Sábado 16, 18:00 horas | Teatro Principal 18:00h – Alex Aller & Margarida Mariño present Trasmutation (Live AV).20:00h – Aho Ssan & Sevi Iko Dømochevski present Rhizomes (Live AV).
Sábado 16, desde 22:00 horas | Fundación Laboral da Construción (FLC) 22:00h | Sala 2 – Heith ft. Declino (Live AV).22:30h | Sala 1 – Bruce (Live). 23:00h | Sala 2 – Puce Mary (Live).23:30h | Sala 1 – Croatian Amor (Live).00:00h | Sala 2 – Loraine James presents Gentle Confrontation (Live AV).00:30h | Sala 1 – JUAIT (Live).01:00h | Sala 2 – object blue & Natalia Podgorska present Pearl Forest (Live AV).01:30h | Sala 1 – Kia (Dj).02:00h | Sala 2 – Black Rave Culture (Dj).03:30h | Sala 1 DjRUM (Dj).
Domingo 17, 18:30 horas | Igrexa da Universidade Malibu (Live).
Domingo 17, 20:00 horas (CLAUSURA) | Teatro Principal Midori Takada presents Japan on Film (Live AV).
PROGRAMACIÓN PARALELA
PROGRAMA DE CINEMA Sábado 16, 16:00 horas | NUMAX CAN and Me (2022), dirixida por Michael P. Aust e Tessa Knapp.
Domingo 17, 16:00 horas | NUMAX Expedition Content(2020)*, dirixida por Ernst Karel e Veronika Kusumaryati. *Estrea en España
PARLADOIROS Venres 15, 16:00 horas | Auditorio do CGAC O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 1). Participan: Akazie, Arkestra Discos, Dial Electrónico, Jelly, Modulartec, Peligro Club. Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.
Sábado 16, 13:00 horas | Sede Afundación Conversación con Aho Saan. Participan: Aho Ssan e Phil Bloomfield.
Sábado 16, 16:00 horas | Auditorio do CGAC O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional (parte 2). Participan: Must Be On Wax, Neo2000Klub, RetroFuture, Russ, Sisters of Rave, TR3MOR. Moderan: Frankie Pizá e Víktor Flores.
A sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, que se celebrará endiferentes espazos únicos e extraordinarios de Santiago de Compostela entre o 14 e o 17 de setembro, reunirá a artistas de todo o mundo proclamándose como un dos festivais de refencia en Europa polasúa programación arriscada e de vangarda.
Unha das actuacións para destacar é a de Midori Takada: Japan on Film. Trátase da estrea mundialdo novo espectáculo da compositora xaponesa de 71 anos e unha lenda para o público afeccionadoda música ambient, que conta co apoio da Fundación Japón de España e do British Film Institute (BFI),do Reino Unido.
Outro dos momentos destacados desta edición serán, sen dúbida, as sesións de electrónica de bailea cargo de dous pesos pesados: Le Gamble (DJ set) e DjRUM. Meticulosos e impresionistas, as súasviaxes sonoras son navegables territorios onde conflúen o dubstep, o jungle, breaks, o hip-hop e otechno.
Loraine James (AV/AV) tampouco podía faltar nesta edición. Se o pasado foi o ano da súaconsagración, en 2023 a produtora londinense mantén o pulso coa súa música-alegación en pos dunecosistema sonoro aberto e inclusivo. Cun set minimalista, no festival veremos o seu novo espectáculoaudiovisual: apenas días despois, estrea disco no selo de Steve Goodman aka Kode9, Hyperdub,onde comparte casa con Burial, Jessie Lanza ou aya.
A escena musical europea de hoxe sería menos interesante sen o selo danés Posh Isolation, do queLoke Rahbek aka Croatian Amor é o seu mellor embaixador. Disruptivo, por intres melancólico, sempreconmovedor, Croatian Amor presentará novo traballo, A Part Of You Is Everything (2023). Xunto aRahbek, alguén que tamén sabe de paisaxes evocadoras é a francesa Barbara Braccini, máis coñecidacomo Malibu. Ninguén mellor ca ela para un set de vogais híper dimensionados e texturas etéreas.
Santiago de Compostela será tamén a cidade onde se estree, por primeira vez en España, un concertocomisariado por Berlin Atonal. Shackleton & Zimpel con Siddartha Belmannu e Pedro Maia presentaránIn The Cell Of Dreams. O dúo formado por Sam Shackleton e Waclaw Zimpel únese a un dos maiorestalentos vocais emerxentes da música carnática india, Siddhartha Belmannu para un concertoaudiovisual xunto a Pedro Maia.
Tamén hai espazo para o descubrimento. A produtora e Dj filipino-australiana CORIN desvelará nestenovo live A/V show o disco que acaba de lanzar, Lux Aeterna (UIQ, 2023), inspirado en, nadamenos, o compositor György Ligeti. Rizhomes é o espectáculo audiovisual que estrearán en Españadentro do WOS 2023 dous dos nomes máis prometedores da escena avanzada actual, Aho Ssan,recente Prix Ars Electronica 2023 Dixital Musics & Sound Art, e Sevi Iko Dømochevsky, habitualcolaborador de Grimes, Arca ou Holly Herndon, entre outros.
Puce Mary, Lamin Fofana (SCI-FI & FANTASY, NTS Radio), e Slikback & Weirdcore, presentando VOID,curado por Unsound, comisionado por Rewire, donaufestival e Unsound, son outros dos artistasanunciados. Representando á escena local, estarán Akazie e JUAIT.
Como novidade, en 2023 o festival estrea en exclusiva para a súa sétima edición un novo espazo,Fundación Laboral da Construción, cuxas naves acollerán a programación de noite na xornada dosábado 16 de setembro.
Os abonos de 4 días (Long-Weekend) e os de 3 días (Weekend), xa están á venda a través de wosfestival.es.
WOS Festival x SON Estrella Galicia é un evento anual con sede en Santiago de Compostela dedicadoa promover e fomentar a música e a cultura vangarda con concertos e actividades en diferentes espazosde alto valor patrimonial da cidade. O festival recibiu ao longo dos anos varios recoñecementos queindoors a e Europa. Máis información en wosfestival.es.
Este encontro multidisciplinar é unha iniciativa da produtora compostelá WORK ON SUNDAY, queconta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio doutras instituciónscomo Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da Agadic, Concello de Santiagode Compostela, Deputación provincial da Coruña e Fundación Japón.