por martinho | Abr 25, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O venres 3 de maio ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a presentación do libro De entre as tebras, do coruñés Alex Pernas, un libro de relatos no que, camiñando da man dos seres e lugares da mitoloxía galega, amosa o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella. Intervirán o propio autor, Alex Pernas, e Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.
NOTA-INFORMATIVA-DE-ENTRE-AS-TEBRAS
por martinho | Ene 15, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Alex Pernas presenta na Coruña o seu libro “De entre as tebras”
A cita terá lugar o luns 22 de xaneiro ás 19:30 no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Trala publicación de Xarfas e A Paga, Alex Pernas (A Coruña, 1986) escribe este novo libro de relatos no que, camiñando da man dos seres e lugares da mitoloxía galega, amosa de novo o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella.
A través de diferentes épocas e viaxando entre o urbano e o rural, estas páxinas farán un percorrido por todo o territorio galego escoitando, na propia voz de moitas das protagonistas e cos trazos dialectais que as caracterizan, a realidade que hai detrás dos contos de demos, trasnos, espíritos e meigas.
por martinho | Sep 24, 2023 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Ao longo de 19 relatos, o autor fai un percorrido por toda a xeografía galega tendo coma punto de unión as diferentes lendas da nosa mitoloxía.
Trala publicación da novela Xarfas no ano 2018 e do libro de relatos A Paga no 2022, o autor volve editar un conxunto de relatos de cara ao próximo Samaín, construídos desta volta arredor da mitoloxía galega. En cada un dos textos poderémonos atopar con seres tan coñecidos coma a Compaña ou as meigas, coa particularidade de que, neste caso, o autor aproxímase aos mesmos dende un punto realista en lugar dun fantasioso.
As páxinas do libro farán un percorrido a través do tempo por toda a xeografía galega, levándonos por diversas vilas e cidades, dende os Ancares ata A Guarda, e con relatos ambientados tanto na actualidade coma no pasado. Ao percorrido xeográfico únese un lingüístico: cada unha das personaxes fala no dialecto propio da súa zona, converténdose o seseo, a gheada, ou o cheísmo nunha constante nos textos.
A diferenza das súas obras anteriores, que centraban a súa temática na crítica social, o autor abandona por primeira vez esta fórmula literaria coma tema principal. Aínda así, esta continúa a ter cabida nalgúns dos relatos, onde se tratan problemáticas sociais coma o acoso escolar, a gordofobia, o estigma das enfermidades mentais, ou o machismo.
De-entre-as-tebras-Alex-Pernas-Dossier-de-prensa