por martinho | Mar 16, 2024 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
A partir do luns 18 e ata o domingo 31 de marzo de 2024, poderase contemplar no Auditorio Municipal de Vilalba a exposición ‘O Herbario de Rosalía’, unha mostra con 40 imaxes do Herbario real realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga en 2019, con fotografías de Miguel Fraga. Non se trata dun herbario científico, senón dun literario, unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza. Está organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Vilalba.
A exposición amosa 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.
Horario de apertura da expo: De luns a venres de 18 a 22h // Sábados e festivos de 12 a 14h
NOTA-INFORMATIVA-22HERBARIO-ROSALIA22
por martinho | Ene 6, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e da Editorial Galaxia, organiza o venres 12 de xaneiro de 2024, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro O PASO EN FALSO, do que é autor ABRAHAM PÉREZ.
O acto, primeiro deste novo ano 2024, contará coa presenza do propio autor do libro, Abraham Pérez, e de Miguel Ángel Martínez Quintanar, filósofo e ensaísta.
NOTA_INFORMATIVA_ABRAHAM-PEREZ
por martinho | Nov 29, 2023 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película O CORPO ABERTO, de Ángeles Huerta, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta oitava e terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 30 DE NOVEMBRO DE 2023, ás 20:30h.
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Gañadora: Mellor longametraxe
Gañadora: Mellor dirección
Gañadora: Mellor dirección de arte
Gañadora: Mellor dirección de fotografía
Gañadora: Mellor dirección de produción
Gañadora: Mellor guion
Gañadora: Interpretación masculina de reparto
Gañadora: Interpretación masculina protagonista
Gañadora: Mellor maquillaxe e perruquería
Gañadora: Mellor música orixinal
Gañadora: Mellor son
Gañadora: Mellor vestiario
Finalista: Mellor interpretación feminina de reparto
Finalista: interpretación feminina de protagonista
Finalista: Mellor montaxe
NOTA_INFORMATIVA_O-CORPO-ABERTO
por martinho | Nov 26, 2023 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade ao escritor gañador,PABLO NOGUEIRA, polo seu libro “RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO”, que terá lugar o sábado, día 2 de decembro de 2023,ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
NOTA_INFORMATIVA_ENTREGA-PREMIO-AFP2023
por martinho | Nov 21, 2023 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección (adiada o pasado mes de outubro) do documental ONDE MÁIS DOE, de Manane Rodríguez, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 26 DE NOVEMBRO DE 2023, ás 20:00H.
NOTA_INFORMATIVA_ONDE-MAIS-DOE