OFRENDA FLORAL IRMANDADES-XORNADAS LINGUA E IDENTIDADE
Este ano, debido á situación sanitaria motivada pola pandemia, non se pudieron levar a cabo as Xornadas que dende hai tres anos organizan o Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalbae oConsello da Cultura Galega. Todo estaba preparado para este fin de semana. A temática das mesmas ía ser sobre lingua e identidade. Ao final, polos motivos mencionados, houbo que adialas. Agardamos poder levalas a cabo máis adiante, cando a situación así o permita.
Non obstante, quixemos manter a tradición de realizar a ofrenda floral diante do monolito situado ao carón do Parador de Vilalba colocado con ocasión do Centenario da creación das Irmandades da Fala e que rende homenaxe aos membros do grupo da Irmandade formado na nosa vila. Por esa razón, a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, en representación das tres entidades organizadoras, depositou este sábado pola mañá un ramo de rosas ao pé do monolito, tal como se pode apreciar nas fotografía que se adxuntan.
Este venres 30 de outubro, ás 18 horas, reuniuse, de maneira telemática dada a situación sanitaria derivada da pandemia, o Xurado do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Antía Yáñez Rodríguez, D. Manuel Bragado Rodríguez e Dª. María Xesús Fernández Fernández. Unha vez rematada a reunión emiten o seguinte DITAME: O Xurado acorda, por unanimidade, outorgar o IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada A CIDADE DO ÁTOMO presentada baixo o lema ou seudónimo de A MÁSCARA. Unha vez aberta a plica, resultou ser o/a seu/súa autor/a IRIA MISA PERALBA. O xurado salienta a alta calidade media das obras presentadas e recomenda tamén apublicación dos orixinais baixo os lemas «Monadas cuánticas», «Bartolina Sisa» e «Vega». Respecto a obra gañadora, «A cidade do átomo» destaca a orixinalidade do tratamento do tema, a paisaxe abandonada da cidade ucraína de Prípiat, tras o accidente o 27 de abril de 1986 da central nuclear de Chernóbil. Destaca ademais a nivel estilístico a alta calidade da lingua empregada, así como a amenidade dun relato no que se mesturan textualidades diversas. «A cidade do átomo», dirixido a un público infantil, pode interesar sen dúbida ao lector ou lectora de calquera idade, amolando que é posible conocer outras realidades dende a nosa lingua e ampliando así o horizonte temático da nosa LIX.
Este libro nace co motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha antoloxía que amosará desde unha vertente poética e crítica (textual, imaxinativa, gráfica) a visión particular de 25 artistas da palabra e/ou da imaxe arredor do 25 N.
Cada persoa só poderá achegar UNHA única obra ao seguinte enderezo electrónico info@culturaliagz.com.
A data límite para a recepción de obras será o mesmo 25 de novembro. A continuación realizarase unha selección de 25 obras de todas as achegadas, e que, segundo o criterio da organización, mellor reflictan o sentido da convocatoria.
Cada persoa seleccionada recibirá DOUS exemplares do libro editado, quedando os restantes para a realización, dentro do posible, de presentacións da publicación e como xeito de concienciación fronte a esta lacra social.