122 ANOS DE AVELINO DÍAZ

A Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolverá o sábado, 16 de novembro de 2019, un programa de actividades que conmemorarán o 122º aniversario do nacemento de Avelino.
O programa consta de dúas conferencias impartidas, respectivamente, polos lingüistas Bernardo Penabade e Antón Santamarina, sobre diferentes aspectos da obra poética e xornalística de Avelino Díaz.
A actividade completarase cun recital poético de Teresa Ramiro e de Antom Laia, e coa intervención musical do Cuarteto de Saxofóns da Banda de Música de Meira.
O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Meira.

Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal

VI Roteiro AVELINO DÍAZ

En Meira, o domingo 1 de setembro, terá lugar unha nova edición do Roteiro Avelino Díaz, que chega á súa sexta edición. Nesta ocasión, o sentido da marcha será A Órrea – Meira.

Como complemento á ruta, haberá diferentes actuacións musicais, que se celebrarán a partir das 13.00 horas.

A hora de partida está prevista para as 10.30 horas diante da casa natal do poeta no lugar da Travesa, na parroquia da Órrea.

Quen desexe asistir ao xantar deberá anotarse antes do día 29 de agosto. Este xantar, concretado para as 14.30 horas no pavillón municipal meirego, consistirá nun menú con empanadilla, ensaladilla, codillo de cocho, sobremesa, café, pan, viño e auga, por un prezo de 15 euros para adultos e 10 para nenos.

Entrega de premios do III Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ

O pasado venres, 14 de xuño ás 19:30 horas, no salón de actos da Casa Consistorial de Meira tivo lugar a entrega de premios do III Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, convoca a Asociación Cultural AVELINO DÍAZ, en colaboración dos Concellos de Riotorto e Meira.

Velaquí unha galería gráfica que recolle distintos momentos da citada entrega dos galardóns que recolle a acta do xurado deliberador do certame.