por martinho | Jun 8, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O venres 10 de xuño ás 12,00 h o IEU inaugura no castelo de Pambre a exposición colectiva PAMBRE, A ARCA DE PEDRA, comisariada pola galerista Cristina Carballedo Penelas e coordinada por Braulio Vilariño, que xira en torno á figura animal e a actividade agrícola desenvolvida no propio castelo durante séculos.
Dende ángulos moi diferentes, os artistas que participan neste proxecto amósannos a súa particular visión do mundo animal con estilos e soportes moi diversos. Poderedes ver esculturas de Álvaro de la Vega, Camilo Seira, Óscar Aldonza, Paulo Neves, Xoán Vila e Alberto Gulías; pinturas de Julio Sanjurjo, Seara, Correa Corrredoira, Jorge Espiral, Xer Refojo, Miguel Anxo Macía, Peña Romay, Adolfina Mesa, Lomarti e Andrés. G. Shuttleworth, e fotografías de Edu Valiña, Peter Schneider e Xosé Reigosa.
Os carteis e dípticos, como en anteriores exposicións organizadas polo IEU no castelo de Pambre, foron deseñados por Azucena Souto (Dú-as).
por martinho | Jun 28, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Publicacións, Xeral
O sábado 3 de xullo ás 12,00 h celebrarase a inauguración da exposición de Menchu Lamas, que organiza o IEU no castelo de Pambre (http://ieu.gal/exposicions/sala-1-castelo-de-pambre/). Dita exposición permanecerá instalada na sala 1 do Castelo de Pambre ata o 4 de setembro.
Encargáronse da coordinación e montaxe da exposición: a propia Menchu Lamas, Braulio Vilariño e Lucía Hidalgo.
Adxuntamos en pdf o díptico.
*Os carteis e díptico foron deseñados por Azucena Pérez Souto (Du-As).
por martinho | May 7, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Este sábado 8 de maio, ás 17:00 h no Castelo de Pambre, terá lugar a inauguración da Exposición CARTOGRAFÍA SIMBÓLICA, de Antón Patiño.
Esta exposición enmárcase dentro do Programa de exposicións do IEU, que conta coa subvención de O Teu Xacobeo 2021, e, neste caso, a colaboración do Concello de Palas de Rei.
por martinho | Sep 26, 2020 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Hoxe sábado, 26 de setembro de 2020 ás 12,30 h, o IEU inaugurou a exposición fotográfica ÁS HORAS. Fotografías da Ulloa, de Alberto P. García, no Castelo de Pambre.
Alberto P. García tráenos a Pambre a súa visión particular e de coidada estética da natureza da Ulloa: paisaxes misteriosas, árbores centenarias, outeiros, fervenzas, fauna, flora… unha Ulloa diversa e colorida.
A exposición, comisariada por Braulio Vilariño e con deseños de Azucena Pérez Souto, permanecerá instalada ata o 14 de novembro na Sala 2 do Castelo de Pambre.