Recentemente o Instituto de Estudos Chairegos remitiu á Sra. Alcaldesa do Concello de Vilalba o seguinte escrito:
“En reunión de Xunta Directiva do
Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA celebrada o pasado día 7 de agosto do ano
en curso, acordouse, entre outros asuntos, remitir escrito a ese Concello cos
seguintes puntos:
1.- Manifestarlle os nosos parabéns a
Vde., como nova Alcaldesa de Vilalba, así como ao seu Equipo de Goberno,
desexando que nesta nova etapa que comeza podamos manter unha recíproca e
cordial colaboración entre as dúas entidades.
2.- Pregarlle que propoña á Corporación
Municipal que Vde. preside a adopción dos seguintes acordos ralacionados con
dúas emblemáticas personalidades chairegas imprescindibles no ámbito literario
galego:
–Dar o nome de
MANUEL MARÍA á Casa da Cultura de Vilalba (proposta xa realizada noutras
ocasións).
–Dar o nome de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ á Biblioteca
Pública Municipal de Vilalba.”
O Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro escrito por Manuel Rubiños Ferreiro, “O fusil do santaballés”, que terá lugar o vindeiro venres, 7 de xuño de 2019, na Casa da Cultura de Vilalba, as 20:30 horas e que contará coas intervencións de Manuel Rubiños Ferreiro, Isidro Cillero, Javier Fernández e Marisa Barreiro.
Hoxe, 7 de maio de 2019, fanse públicos os premios do Certame de Microrrelatos organizado polo Concello de Vilalba, en colaboración con Culturalia GZ, con motivo da celebración do Día do Libro 2019.
O xurado, que estivo formado, por:
– Armando Requeixo, escritor e crítico literario.
– Mercedes Queixas Zas, profesora, escritora e secretaria xeral da AELG.
– Ánxela Gracián, escritora e tradutora.
– Martiño Maseda, poeta e administrador de Culturalia GZ (con voz e sen voto).
– Patricia Teijeiro, concelleira de Educación e Participación Cidadá (con voz e sen voto).
determinou os seguintes premios:
CATEGORÍA INFANTIL:
1º PREMIO para Nerea Villar Ferreiro polo microrrelato A historia da Pravia, “pola capacidade imaxinativa e forza simbólica”.
2º PREMIO para África Montenegro Leal polo microrrelato O paraugas máxico, “polo sorprendente tecido marabilloso e as referencias literarias”.
3º PREMIO para María Otero Díaz polo micorrelato Un ancián feliz, “pola emotiva mensaxe e a calidade poética da prosa”.
CATEGORÍA XUVENIL:
1º PREMIO para Mariña Maceiras Segovia polo microrrelato Perspectiva, “pola mostra sensible á problemática migratoria e intelixente xogo de contrastes”.
2º PREMIO para Nee Barros Fernández polo microrrelato Relax-acción, “polo argumento de indubidable tensión climática con final brutal e abraiante”.
3º PREMIO para Sandra Rodríguez Macía polo micorrelato A pantasma, “pola inesperada resolución e hábil inserción de elementos fantásticos”.
CATEGORÍA ADULTOS:
1º PREMIO para Patricia Torrado Queiruga polo microrrelato Da estirpe ágrafa, “pola poderosa evocación da estirpe familiar dende o herdo das mulleres e aposta pola cultura alén da letra impresa”.
2º PREMIO para Raquel Fernández Fernández polo microrrelato Silencio, “por ser unha historia de final insospeitado que fai converxer, luminosamente, o mundo do pictórico e o literario”.
3º PREMIO para Beatriz López Dorado polo micorrelato Polo recheo ao forno, “pola posta en valor do calado e esencial labor das mulleres no eido do lar cunha escrita de forte pegada lírica”.
O xurado salientou a alta participación en canto ao número de orixinais presentados, así como a boa calidade narrativa dos mesmos, en liñas xerais.
Moitos parabéns a todos/as!
A entrega de premios será o venres día 10 de maio de 2019 ás 20: 00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.
Presentación do libro de Miriam Fernández Otero “As mulleres de Insua e o liño. Dez anos dun proxecto de recuperación etnográfica”, editado polo IESCHA coa financiación da Deputación de Lugo dentro do Convenio para o presente ano, e que terá lugar o vindeiro venres, 3 de maio de 2019, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
Presentación do libro de Carlos Callón “Galegocalantes e galegofalantes” que organiza o IESCHA, prevista para o vindeiro venres, 1 de decembro de 2017, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Villalba.