Representación da obra “BERNARDA Vilalba 1975” no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 2 de outubro

Este vindeiro sábado 2 de outubro a partir das 20:30 h. no Auditorio Municipal de Vilalba representarase a peza BERNARDA Vilalba 1975, coas actrices Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.

No seguinte enlace ofrécese información do devandito evento cultural.

*Información facilitada pola área de Comunicación do Concello de Vilalba.

Acto do IESCHA.- Proxección de MATRIA, de Álvaro Gago, no Auditorio Municipal de Vilalba

Adxuntamos cartaz e nota informando da proxección da curtametraxe MATRIA, de ÁLVARO GAGO,  nun acto organizado polo IESCHA coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, e que terá lugar o vindeiro VENRES, DÍA 29 DE MARZO, ÁS 20:30 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL, con entrada de balde. Así mesmo, ao remate desta curtametraxe, proxectarase “RETALLOS CHAIREGOS”, de Benigno Mayán, con personaxes e paisaxes da Terra Chá dos anos 60.

*Información facilitada polo IESCHA.

II SÁBADOS DE TEATRO. Outono 2017

II SÁBADOS DE TEATRO. Outono 2017

A partir deste vindeiro sábado, 14 de outubro dará comezo a 2ª edición dos Sábados de Teatro. Outono 2017 que organiza o IESCHA en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo, dentro do seu proxento global de teatro Buxiganga’2017. Todas as sesión teatrais terán lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, e a entrada será de balde.

No seguinte enlace temos información desta 2ª edición de teatro outonizo en Vilalba.

 

*Datos facilitados polo IESCHA

EXPOSICIÓN DE DEBUXO E PINTURA de ISABEL PARDO

EXPOSICIÓN DE DEBUXO E PINTURA de ISABEL PARDO

O IESCHA organiza a Exposición de Debuxo e Pintura de Isabel Pardo, dende o 6 ao 31 de Outubro de 2017 no Auditorio Municipal de Vilalba

A inauguración da mesma producirase o vindeiro venres, 6 de outubro, a partir das 20:30 horas.

 

O Instituto de Estudios Chairegos, continuando coa súa programación de outuno, ten previsto presentar o venres, día 6 de outubro de 2017, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a EXPOSICIÓN DE DEBUXO E PINTURA, con traballos da artista chairega ISABEL PARDO MARTÍNEZ, alumna de 4º de ESO no IES BASANTA SILVA.

A exposición confórmana 26 obras de debuxo -con técnicas de carbonciño ou lapis- e pintura -óleos, principalmente-.

A debuxante e pintora escribe así sobre o seu traballo:

“Debuxo para encher o tempo no que tardo ver chover.

Debuxo para ver música e escoitar pintura.

Debuxo para estar con aqueles cos que non poido estar.

Debuxo para evocar ese arrecendo un pouco doce, un pouco amargo; un pouco a pechado e un pouco a mar aberto.

Debuxo para contar segredos inconfe-sablemente reais, porque iso salva dunha morte a distancia, a distancia entre a mente e a vida.

Debuxo para separar a razón da parte que me incumbe.

Para non correr en círculos humanos.

O problema chegará o día no que descubra que debuxar non me salva do mundo, senón que me salva de min mesma.”

 

*Información facilitada polo IESCHA