Fallo VI Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA

Integrantes do xurado e da organización do Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA

O VI Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA, que convocan o Concello de Cospeito e a Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ, xa ten obras gañadoras.

O pasado mércores, 22 de novembro, o xurado formado por Armando Requeixo, Xosé Otero Canto e Maurizio Polsinelli acordou por maioría de votos o seguinte fallo:

1º PREMIO para Xurxo Alonso García, pola obra “Non deixedes na mesa nin leite nin pan”, da cal o xurado destacou que é un poemario onde a palabra xorde como unha fervenza que escorrega polo regueiro da ausencia.

2º PREMIO para Paulino Peña Álvarez, pola obra “Vaira e Cristal”, da que dixo o xurado que se trataba dun poemario en verso breve que destaca pola capacidade de entregar ao lector unha memoria aínda intacta de vivencias pasadas, grazas tamén á eficacia dunha linguaxe culta e refinada.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 2 de decembro, a partir das 12 h., no local social de Pino.

Fallo do III Certame de Caligramas CONSTANZA DE CASTRO

O xurado do III Certame de Caligramas CONSTANZA DE CASTRO, que convoca a Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Cospeito, acordou o seguinte fallo:

1º Premio para a obra ÚLTIMA NOITE EN CALDALOBA, da cal resultou ser autora Patricia Torrado Queiruga, de Porto do Son.

2º Premio para a obra ENGRANAXES, cuxa autoría correspondeu a Laura Sánchez Castro, de Santiago de Compostela.

A entrega dos galardóns levarase a cabo no local da Biblioteca Rural San Martiño de Pino, nunha data que será anunciada proximamente.

Convocatoria do VI Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, convocan,  en colaboración coa Xunta de Galicia e  Culturalia GZ o VI CERTAME DE POESÍA TORRE DE CALDALOBA, co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a súa conservación e, asemade, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

BASES

Descargar PDF BASES

Ruta das Cruces e Ruta das Fontes pola parroquia de Pino, en Cospeito

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino (Cospeito) organiza para a penúltima semana do presente mes de agosto dúas rutas por esta parroquia chairega. Trátase da Ruta das Cruces e da Ruta das Fontes que se desenvolverán nas tardes do 22 e o 24 de agosto, respectivamente.

Ámbalas rutas serán guiadas polo veciño da propia parroquia de Pino, José Manuel Pena Regueiro

Para participar nas mesmas non será precisa realizar inscrición previa. E ao final delas celebraranse pequenas merendas co alimento que leve cada participante.