por martinho | Jun 17, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental WELCOME TO MA MAISON, de Andrés Goteira e Igor Fernández, continuando co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 bríndanos a oportunidade de disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 25 de xuño de 2022, ás 20:00 horas.
NOTA_INFORMATIVA_WELCOME-TO-MA-MAISON
por martinho | May 7, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convoca, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cospeito, o II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba”.
A continuación as BASES que rexerán dito certame
Descargar BASES
Descargar Autorización Menores
por martinho | May 7, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convoca, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cospeito, o II Certame de Caligramas “Constanza de Castro”.
Velaquí as BASES que rexerán dito certame
Descargar BASES
Descargar Autorización Menores
por martinho | Abr 8, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 16 de abril de 2022, ás 20:00, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar a proxección da película documental “A VIRXE ROXA”, de Marcos Nine, gañadora do Premio Mestre Mateo-2022 ao mellor documental.Esta é a segunda proxección das oito previstas correspondentes ás finalistas nos XX PREMIOS MESTRE MATEO, e que se irán proxectando ao longo do ano 2022, en senllos actos organizados polo Instituto de Estudos Chairegos colaborando nesta ocasión coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba.
Velaquí a nota informativa de dita proxección.
por martinho | Mar 15, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 26 de marzo de 2022, ás 20:00, no Auditorio Municipal de Vilalba, realizarase a proxección da película documental “O GRAN CAMIÑO”, de Alba Prol Cid e Raúl García. Esta é a primeira proxección das oito previstas correspondentes ás finalistas nos XX PREMIOS MESTRE MATEO, e que se irán proxectando ao longo do ano 2022, en senllos actos organizados polo Instituto de Estudos Chairegos colaborando nesta ocasión coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba.
NOTA_INFORMATIVA_O-GRAN-CAMINO