O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza o xoves 28 de decembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro 1916 1923: O IRMÁN PEÑA NOVO, do que é autor ALBERTE CURRÁS GATO.
O acto contará co presenza do propio autor do libro, Alberte Currás Gato, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
Esta publicación foi editada polo Instituto de Estudos Chairegos e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
NOTA_INFORMATIVA_ALBERTE-CURRAS