Frescos únicos na Igrexa dos Vilares

Estamos diante dun serio perigo de desaparición definitiva dos frescos dos Vilares pola falta de sensibilidade das administracións a pesares de levar catro anos petando en tódalas portas e advertindo da degradación das pinturas murais, unha xoia da iconografia relixiosa da Terra Chá.

Mesmo coa aprobación na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, non se teñen habilitado fondos nin posto de acordo as diferentes administracións para evitar o posíbel desastre patrimonial que tem sobrevivido cinco séculos e vai camiño de ser destruído en só 25 anos.

Estes elementos pictóricos fóronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.

Datan, segundo un estudo de Juan M. Monterroso Montero, do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estevo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.

Os frescos sitúanse á dereita e á esquerda. Así na parede da esquerda á entrada representan tres escenas; a lamentación de Cristo Morto, a imposición da casulla a San Ildefonso e Santiago Matamouros. Os da parede á dereita da entrada representan ornamentos xeométricos e fragmento de escenas de paisaxe.

Deixamosvos aquí este estudo do profesor Monterroso para sensibilizar sobre este tesouro vilarego que devemos defender como respeito da nosa própria história e a dos nossos antepassados.

Nos próximos meses iniciaremos unha campaña para acadar a recuperación definitiva destas pinturas, unha xoia renacentista única e que foi testemuña do nacemento e despedida de milleiros de vilaregos e tamén visionada por milleiros de visitantes á Romaría dos Desamparados na busca de cura aos seus males.

Aguardemos que a Virxe e San Vicenzo axuden a preservar as paredes do seu templo e que vilaregos e vilaregas así como todos aqueles Chairegos  sensíveis co nóso património os apoien nesa labor.

Velaquí o enlace ao estudo antes citado.

 

Os Vilares Lareira de soños