“Tener fuertes convicciones es el secreto para sobrevivir a las privaciones, tu espíritu puede estar lleno, incluso cuando tu estómago está vacío”

N. R. M.

 

ollo o teito

nel está redactada a consigna

apúntame unha frecha, a circular pegada das aves

o símbolo de Gerald Holtom

abrir as ás: cuadricularse

semella a derradeira partida de xadrez

a espuria magnitude do peón

o taboleiro: os negros, os brancos, os negros, os brancos…

metálica política intruíndose nas veas do país

baixo a ollada, xiro o pescozo

de esguello miro á esquerda, xiro o pescozo

de esguello miro á dereita; os barrotes

o corazón: os tulipáns

precisan frío pra xerminar

precisan a perfección do xeo; a dose cristalina

conmigo están as putas, os ladróns, os cocainómanos,

os membros do LGBT, os que cisman nun futuro…

os de abaixo

hoxe non atoparémo-la saída

mañá si

levámo-la dentro

somos nós