ESTE SÁBADO, ÁS 20 HORAS, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA REPRESENTACIÓN DA PEZA TEATRAL “MAL DE MOITOS”
Este sábado, día 20 de xaneiro, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o Grupo de Teatro da Sdade. Cultural Medúlio de Ferrol, representará “Mal de moitos”. Peza escrita polos actores, dramaturgos e membros da Irmandade da Fala de Ferrol, Euxenio Charlón e Sánchez Ermida e que foi representada por primeira vez o 29 de maio de 1915 no Teatro Jofre.
“Mal de moitos” recrea o diálogo entre un vello o e un mozo que volta á Terra despois duns meses na emigración, mudando de lingua, vestindo de maneira ben rechamante e aparentando ser outra persoa.
Antes de se representar a peza, Francisco Rodríguez, ensaísta, membro do Padroado da Fundación Manuel María e director da obra, fará unha breve introdución e contextualización do Teatro das Irmandades.
A entrada é de balde.
Casa-Museo Manuel María
Rúa F, nº 2
27250 – Outeiro de Rei da Terra Chá (Galiza)
www.casamuseomanuelmaria.gal
Teléfono: 698 177 621
Correo electrónico: contacto@casamuseomanuelmaria.gal