Nesa esquina non equivocada
Cada noite pronunciaba
o prohibido do tacto
A memoria necesaria
de comerse cos dedos
Ser cada pequeno e húmido poro
dun tranvía
subitamente invadido
de pluma e carne adolescente
Camiñar polas rúas
non haber ninguén
abrazar a doce ereción da lúa.
Xuntas fotografía e poesía, en femenino van unha boa composición musical