O sábado 4 de xullo ás 20 h., o IEU presentará na súa sede social de Monterroso o número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns. Intervirán na presentación o director de Cairón, Daniel Salgado, o xornalista Fernando Salgado, e o director do IEU, Francisco Pardo.
O venres 17 de xullo ás 17 h. terá lugar no castelo de Pambre (Palas de Rei) a segunda presentación de Cairón nº 4, acompañada dunha visita ao castelo guiada por Francisco Pardo. Intervirán nesta ocasión o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, o galerista Braulio Vilariño, e o director do IEU, Francisco Pardo.
E finalmente o sábado 18 de xullo ás 20 h., a revista Cairón será presentada na Igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla pola deputada provincial Pilar García Porto, polo escritor e historiador Xosé Lois García, polo párroco de Antas de Ulla Javier Diéguez, e por Xurxo Mouriño en representación do IEU. O lugar de presentación, unha igrexa románica, responde á divulgación do estudo sobre a arte románica na comarca da Ulloa que na actualidade están levando a cabo socios, socias e colaboradores do IEU.