O vindeiro venres 14 de febreiro de 2020, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro “TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA”, de ROSA ANEIROS, editado por Edicións Xerais de Galicia, publicación gañadora do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade que convocaran no ano 2018 as tres entidades antes mencionadas. No acto intervirán: a propia autora do libro, Rosa Aneiros; o director de Edicións Xerais de Galicia, Fran Alonso; a alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro, e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.
Presentación do libro TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA, de Rosa Aneiros, na Casa da Cultura de Vilalba
por martinho | Feb 11, 2020 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral | 0 Comentarios