Adxuntamos cartaz, invitación e nota informativa do acto de presentación do libro FÓRA DO NORMAL, de María Reimóndez, publicación gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade do ano 2017, convocado polo Iescha, o Concello de Villalba e Edicións Xerais de Galicia.

O acto terá lugar o vindeiro venres, 7 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba e contará coas intervencións de María Reimóndez, Manuel Bragado, Fran Alonso, Eric Dopazo, Agustín Baamonde e Marisa Barreiro.

 

*Información facilitada polo IESCHA