O sábado 10 de agosto ás 19,30 h, na sede do IEU en Monterroso, presentarase o libro de Xulio Pardo de Neyra, “Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a historia única”, editado por Edicións Embora. Unha excelente biografía do escritor e filólogo ao que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas 2020. Nesta biografía de Carvalho Calero, sen dúbida a mellor publicada ata a data, Xulio Pardo de Neyra describe a vida e a obra do escritor galeguista nos diferentes contextos nos que viviu e descúbrenos as influencias e a transcendencia da súa dona, a escritora Ignacia Ramos.
O libro será presentado polo alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas; pola filóloga e Historiadora do IEU, María José Gómez Alvite; polo autor do libro; e por Francisco Pardo Teijeiro, presidente do IEU.
*Información facilitada polo Instituto de Estudos Ulloáns.