Os Paseos Literarios por Compostela. Primavera 2018 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago.

Con esta nova edición do Ciclo de percorridos literarios por Compostela procúrase outra ollada á historia e xeografía da cidade.

As inscricións previas, gratuítas, realizaranse no correo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal, indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto, e o(s) Paseo(s) ao(s) que se quere asistir.

Cada un dos paseos está limitado a 50 prazas para maiores de 16 anos, e estes son os previstos:

Xoves 31 de maio, ás 18:00 h.
Compostela negra, con Diego Ameixeiras.
Punto de partida: Praza de Cervantes.

Sábado 2 de xuño, ás 19:30 h., no marco da SELIC.

Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe a Salvador García-Bodaño. Con Xosé María González Xil.
Punto de partida: Praza do Obradoiro

Xoves 7 de xuño, ás 18:00 h.
Roteiro arredor de Fermín Bouza-Brey en Compostela, con Antón Lopo.
Punto de partida: número 43 da Rúa do Vilar.

Xoves 14 de xuño, ás 18:00 h.
A cidade das augas, con María do Cebreiro
Punto de partida: Ponte Vella do Sar.

 

*Información achegada dende a AELG.