Poesía en feminino en San Sadurniño e encontro cultural en Caldaloba, por Antón de Guizán

Poesía en feminino en San Sadurniño e encontro cultural en Caldaloba, por Antón de Guizán

Un ano máis, o 15 de setembro, a concellaría de igualdade de San Sadurniño ten programado o recital poético POESÍA EN FEMININO, para o que a Concelleira  Ana B. Gundín ten confiado nos colectivos chairegos NPG Nova Poesía Guitirica e CulturaliaGZ para a súa organización.

Desta volta, ademáis da música con intérpretes locais, recitarán 15 poetas vinculados a estes colectivos de diferentes lugares do país.
Pas Veres (Os Vilares), Branca Villar (Labrada), Martiño Maseda (Vilalba), María Xosé Lamas (Vilalba), Adolfina Mesa (Monterroso), Xosé Carlos Ulloa (Chantada), Asun Blanco (As Pontes), Maica Pastoriza (Vimianzo), Pilar Maseda (Vilalba), Emilia Martínez Fuentes (Vilalba/Monfero), Carmen Penín (Ortigueira), Moncho Bouzas (Betanzos), Amalia Díaz (Ortigueira), Francisco Zaera (Cedeira) e María Pereira (Betanzos) serán quenes poñan versos para a igualdade no precioso lugar do pátio do Pazo da Marquesa (concello).
Asimesmo, o 16 de setembro NPG e CulturaliaGZ teñen organizado coa Asociación Cultural e Recreativa de Pino (Cospeito), unha xuntanza cultural e literaria na Torre de Caldaloba e nos locais da asociación que incluirán unha marcha guiada á Fortaleza, actuacións  poéticas e musicáis, xantar e intercambio de ideas e propostas para novas iniciativas. Deste xeito, e rematado o verán, a NPG e CulturaliaGZ abordando con forza novos retos para sumar aos xa instituídos do Certame Vilariñas de micro poesía, poemas pendurados de farolas, recitais, xornadas, publicacións de libros dixitais, etc nun grupo humano cada día máis numeroso e heteroxéneo que traspasa a os versos para abrirse a outros vampiros da cultura.
Estas duas actividades, como todas as que realizamos, son abertas á participación de quen o desexe, en San Sadurniño con asistencia libre e en Caldaloba previo anotamento nas redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, Os Vilares lareira de soños e CulturaliaGZ ou nos correos dosvilares@gmail.com e info@culturaliagz.com
19 DESTACAD@S VILAREG@S DE 2017 (ano IV) por Antón de Guizán

19 DESTACAD@S VILAREG@S DE 2017 (ano IV) por Antón de Guizán

19 Destacad@s Vilareg@s de 2017

 A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.

Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario…todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.

As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes:

1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, e desgraciadamente finada este ano, os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:

2. Entre os monumentos, OS FRESCOS DA IGREXA DOS VILARES,  do século XVI e en sério perigo de desaparición polo abandono e a degradación

3. Nas Reixas, “como reclamo para a súa reparación e posta en valor”, a Escola Habanera da Conchada” para uso social e cultural parroquial e que no ano 2023 cumpre o centenário da súa e construcción.

4. Entre os nomes destacados atópanse as cantoras galegas Tereixa Novo, Maria Xosé Silva SES e Aranha Álvarez e Sandra Tenreiro que tan amablemente se brindaron na homenaxe a Asuncion de dos Ares no Prêmio Trapeira de Honra 2017.

5. Recoñecemos tamén a Raúl Rio, vilarego residente en Euskadi,  que sigue activo social e culturamente naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e ao que dedicaremos o Prêmio de Trapero de Honra 2018.

6. Igualmente no eido cultural consideramos que a “mellor organización dun evento” a Romaria de Labrega da Chaira,  con casi tres lustros de existencia e mantendo-se con boa saúde e adaptando-se aos tempos.

7. No apartado do coñecemento, destacamos a Segundo Pérez López,  dean da Catedral de Compostela e bo coñecedor e valedor da historia dos Vilares. Autor dun libro sobre a escola habanera e outro sobre Díaz Castro.

8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega, este ano recoñecemos a José Lobeiras Gómez, O Armeiro de Berulfe, fotógrafo ambulante e home polifacético  dos Vilares ao que dedicaremos un documentário que se atopa en período de rodaxe.

9. O recoñecemento á “mellor iniciativa cultural” recae na organización do Certame de micropoemas [VILARIŇAS] por NPG Nova Poesía Guitirica, A. S-C Lareira de soños e CulturaliaGZ.

10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, CON DÍAZ CASTRO EN VIAXE SEMANAL POR OS VILARES DE Parga, de Xaquín Campo Freire en Galicia Dixital.

11. No eido do deporte volvemos a destacar Antonio Teijido, gañador e record absoluto das “24 horas de Vigo” e unha excepcional campaňa de cross, con distinción nos premios do deporte galego incluida. Neto de vilaregos.

12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural así como á campaňa para ese fin de XERMOLOS.

13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade destacamos a CODEGUI, en especial pô-la donación de solidaria aos afectados polos incêndios deste ano en Galicia.

14. Mellor acción musical, o trabalho da mestra do IES Díaz Castro de Guitiriz ano tras ano co alumnado e sempre con Díaz Castro como referência, Sandra Tenreiro Doldán.

15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e ampliación do local hostelerio Casa Gaibor, do vilarego Carlos Castro e a sűa dona.

16. Mozo ou moza destacados, Sonia Ferreiro Pena, que se descubre como unha talentosa fotógrafa.

17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, o poeta Martiňo Maseda polo apoio ás iniciativas culturais na parróquia e pô-la publicación de actividades e libros no seu portal dixital Culturalia GZ.

18. Mellor publicación, o libro de poemas O FILÓSOFO Coxo (Espíral Maior) de Eduard Velasco, gañador do II premio Díaz Castro.

19. No apartado audiovisual, o programa da TV, no que participaron activamente os anticuarios Xaone e o seu fillo Josérra, TESOUROS NO FAIADO.

Os Vilares, Lareira de Soños

 

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS: LUMES NUNCA MÁIS!! por Antón de Guizán

POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS: LUMES NUNCA MÁIS!! por Antón de Guizán

Un ano máis, e van tres, nos primeiros dias de 2018, as farolas do concello natal do poeta Díaz Castro lucirán poesía con mensaxe social.

A NPG Nova Poesia Guitirica, a Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños e o portal literário dixital Culturalia GZ organizan a terceira edición de POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS.

Se en 2016 supuxo a estrea con poemas da NPG, e na segunda, foi adicada á temática contra a violéncia machista,para este ano 2018 o lema será LUMES NUNCA MÁIS e coa novidade dunha convocatória aberta a quen queira participar.

Como xa levamos feito desde o seu início, um poema de Xosé María Díaz Castro figurará entre o conxunto dos que decorrem as farolas guitiricense de Lagostelle e Parga, e neste caso será o poema ESMERALDA, homenaxe á natureza e á importância das cousas pequenas, que inspirou ademáis o recente #CertameVilariñas de micropoesía que con tanto éxito se ten iniciado.

Num mundo cada dia máis prosaico, a poesia axuda a humanizar e mudar desde o compromiso e neste caso desexando mudar conciencias não só de persoas, senón dos poderes para evitar lacras que ennegrcen o nóso país, que nós empobrecen e deixan un mundo peor ás xeracionalmente que nos sucedan. Por iso a temática da vindeira edición é LUMES NUNCA MÁIS, para axudar a non esquecer, pois a memória é aprender…

#PoemasPenduradosDeFarolas  desde xa mesmo pode recibir poemas para a terceira edición, que serán distribuídos polas farolas de Guitiriz e alarga a comenzos de 2018 e posteriormente editados nos portais dixitáis www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com En formato libro para descargar. A estrutura e rima son livres e a temática deste ano ten que estar relacionada com lema LUMES NUNCA MÁIS. Podedes remitilos en formato word (para homologar imaxe e maquetar, non se alterará o contido nin a estrutura) a

dosvilares@gmail.com

info@culturaliagz.com.

Data limite: 28 de decembro.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

CERTAME DE MICROPOESÍA DA CHAIRA

A Asociación Sociocultural Lareira de soños e a NPG Nova Poesía Guitirica crean o Certame de micropoesía da Chaira «VILARIÑAS».

Co nome de VILARIÑAS na honra do poeta Díaz Castro e as súas “herbas pequerrechiñas” e Vilariñas para ter de referencia O Vilariño dos Cregos dos Vilares, pareceunos un nome acaído para as pequenas poesías que concurran ao premio, que busca fundamentalmente a promoción da poesía e facela accesible a calquera, polo que as bases serán moi abertas á participación, non supoñerán ningún gasto aos participantes e poderán inscribirse en formato dixital. A convocatoria para presentar os micro poemas será desde agora ao 31 de marzo (ambos incluídos) e a resolución nos primeiros días de abril.
A temática será libre e a periodicidade do certame anual.
Despois de diversas actividade da NPG, todas con notable éxito, abrimos agora esta nova proposta poetica coa que buscamos fundamentalmente a participación e a introducción social da poesía sen limites de idade, nin ningunha outra cortapisa, tan só estar escritas en galego en calquera das normativas e repetando as esixencias técnicas de un minimo de dous versos e un máximo de cinco, podendo cada poeta apresentar dous micropoemas.
Para este concurso, temos xa redixidas as bases que rexerán para a resolución final dos traballos que se presenten.
«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica e Asociación Sociocultural Lareira de soños.
BASES.
Convocase o I Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación  neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso  serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou do messenger do facebook de Os Vilares, lareira de soños-(www.facebook.com/osvilares).
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 5 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado.
Admitiranse obras até o día 31 de marzo de 2017, ás 23.59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase ao gañador co premio que consistirá en trofeo acreditativo,  edición da súa obra no blog poético e un lote de libros de poesía de importantes autores galegos. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético publico cos premiados e poetas convidados.
O concurso poderá ser declarado deserto en función do número de micropoemas recibidos ou a calidade dos mesmos. Tamén o Xurado poderá facer mención especial de algún dos micropoemas participantes se considera que a súa calidade o merece, sen embargo, esta mención non conlevará compensación ou premio algún.
Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos ou dixitais que consideren incluindo o nome dos autores.
Os participantes aceptan as bases que rixen este concurso polo feito de participar no mesmo.
Cualquer dúbida sobre o contido destas bases será resolta polo xurado do certame.
A periodicidade do concurso  “VILARIÑAS” de micropoemas será anual.