No seu blog cultural, Versos e Aloumiños, Antonio García Teijeiro comenta e dalle fulgor a un poema que eu lle dediquei a meu pai, titulado OS DEDOS DA MEMORIA. O lapis da vida escribindo o libro da miña xenética: de pai a fillo, as emocións flúen como augas que xamais se enxugan, nin sequera na traumática observación do proxenitor que se vai extinguindo coma unha folerpa de soños posta á raxeira.

Grazas eternas a meus pais pola vida, e a Antonio García Teijeiro por permitirme tinguila cos matices da poesía a través do seu admirable blog.