A banda de Chantada interpretará ás 20 hrs o seu último traballo, [De]construción, na Casa-Museo Manuel María
[De]construción foi o último traballo do grupo (publicado en xullo de 2021), un álbum de cancións que mistura todo tipo de xéneros, desde hip-hop até sons acústicos, pasando por trap, pop ou unha reversión da tradicional Muiñeira de Chantada. O álbum conta con catro colaboracións: Julia Vázquez (Sandungueirada), Nerea (Males Endémicos), Amorodo (A Danza da Revolución) e Ezetaerre (Ferreiras dun Mundo Mellor).
Cómpre reservar (billete 5 euros) para asistir ao concerto en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621