ACORDEIRETA presenta este sábado, 1 de maio, na Casa-Museo Manuel María o seu traballo “Loitar cantando”
Patricia González Iglesias (pandeireta e voz) e Alex Balbuena (acordeón, bombo e voz), ACORDEIRETA, presentan este sábado 1 de maio, ás 19 horas, na horta da Casa-Museo Manuel María (se o tempo climatolóxico acompaña), o seu primeiro traballo “Loitar cantando”.
Estilo e son propios, formado por temas, (tradicionais, de autor e unha gran parte de creación propia) en que mesturan diferentes ritmos para crear un ambiente fresco e contundente, para escoitar e tamén bailar.
Nas súas letras non falta a poesía de Rosalía, Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Luz Fandiño….
Imprescindíbel reservar a través de contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros