Novos cursos literarios e artísticos na UNED Sénior.
O grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma Culturalia GZ colaboran coa UNED Sénior de Aranga, Monfero e Terra Chá na realización de novos cursos de poesía, literatura e arte.
O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán quen coordinen as clases e obradoiros destas materias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia GZ e os seus componentes.
Así, as preinscricións, xunto coa información, poderanse realizar até o 15 de setembro nos seguintes correos:
coordinadorunedsenior@gmail.com
Tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, Culturalia GZ e Os Vilares Lareira de soños.
Para preinscricións chega con enviar a calquera desas direccións
Nome e apelidos
Data de Nacemento
DNI
Estudos
Dirección
Tfno fixo e/ou móbil
PROPOSTAS DE CURSOS:
OBRADOIRO DE POESÍA:
POEMAXE (combinación de poesía e imaxe).
OBRADOIRO DE NARRATIVA:
O MICRORRELATO (a condensación da palabra).
CURSO DE PINTURA E ARTES DECORATIVAS (a emoción reflectida a través da cor).
Obxectivos:
Que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía, narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos relacionados coas disciplinas mencionadas.
Finalidade:
Creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan apreciados por parte do público.
Aberto o prazo de matrícula da UNED Sénior, para maiores de 50 anos
15.06.2018 | | A Coruña
A UNED Sénior da Coruña xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2018/2019 e poden inscribirse todos os maiores de 50 anos que queiran unha formación universitaria. A inscrición seguirá aberta ata que se acaben as prazas e comecen as clases en outubro. O ano pasado un total de 365 alumnos acudiron á UNED Sénior e espérase que o número sexa similar ou maior. Ademais dos cursos, antes citados, tamén se impartirán os seguintes: Prevención de Riscos na Vida Cotiá, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Patrimonio Histórico, Informática, Música, Canto e Gimnasia. Cada un deles ofrece 30 horas lectivas.