Lugo, A Fonsagrada e Viveiro reciben os contos do Festival Atlántica

(Véxase o enlace á programación)

  • Na Fonsagrada estarán o alacantino Pablo Albo e a galega Raquel Queizás cun programa dobre para nenos e maiores
  • Vero Rilo e Yoshi Hioki tamén brindarán un programa dobre para público infantil e adulto en Viveiro
  • En Lugo, María da Pontragha e Lois Pérez actuarán a partir das 20:30 horas no Centro Cultural O Vello Cárcere

Os contadores do Festival Atlántica seguen a percorrer a provincia de Lugo durante este venres, 21 de marzo. Durante a xornada as historias de Pablo Albo, Raquel Queizás, Yoshi Hioki, Vero Rilo, María da Pontragha e Lois Pérez chegarán aos concellos de Viveiro, A Fonsagrada e Lugo grazas á colaboración da Deputación e do Concello de Lugo. Todos os espectáculos son gratuítos ata completar aforo.

No tocante á Fonsagrada, Pablo Albo e Raquel Queizás van brindar un programa dobre que incluirá funcións para cativos e maiores. Ás 17:30 horas, no Salón de Actos dos Chaos, o público infantil vai poder gozar cos ‘Contos de medo que dan risa’ de Albo e mais coa ‘Romaría’ de Queizás. No seu espectáculo o narrador alacantino fará aparecer monstros diversos empregando a súa voz, os seus xestos e a súa ollada. Haberá monstros peludos, comedores de netas e de casas, pero non haberá nada que temer porque todos eles darán espertado a gargallada do público infantil. Pola súa banda, a ‘Romaría’ de Queizás consiste nun espectáculo onde as lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.

A partir das 20 horas, e tamén no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada, será a quenda dos adultos cunha función dobre. Desta volta Pablo Albo vai contar ‘Contos pouco edificantes’, unha colección de historias destinadas ao público adulto onde se mesturan o medo e o riso, as mentiras e as verdades, o sal e a pementa, sen esquecer o humor e un chisco de erotismo. E Raquel Queizás decantarase polas ‘Palabras na boca’, historias escoitadas na boca da nai e da avoa da narradora e que agora abrollan cunha voz de seu ata os ouvidos do público.

Xapón e Galicia danse a man en Viveiro

A programación do Festival Atlántica en Viveiro vai xuntar as voces de Yoshi Hioki e de Vero Rilo en dúas funcións dobres. A partir das 17:30, na Sala Multiusos da Casa do Concello, os cativos van escoitar primeiro os ‘Contos, leiras e cousas pequenas’ de Vero Rilo, unha recollida de historias de xente maior e que serven para pacientes e impacientes, para o demo, para tremer de medo e para se amar e durmir quentiños. Despois chegarán os ‘Contos populares do Xapón’ de Hioki, historias que inclúen campesiños dos arrozais e nobres da corte imperial, animais e monstros, dragóns e bolboretas, mesturando sempre a poesía e a picaresca.

Xa contra a noitiña, ás 20 horas, os dous narradores volverán á Sala Multiusos da Casa do Concello para deleitaren o público adulto. Vero Rilo levará as súas ‘Lavandeiras’, unha homenaxe ao patrimonio oral que as mulleres construíron de xeonllos a lavar a roupa na ribeira do río, nunha estampa que se vén repetindo ao longo da nosa historia. E Yoshi Hioki agasallará os asistentes coa versión adulta dos seus ‘Contos populares do Xapón’, unha oportunidade para gozar coa habilidade do artista xaponés para ‘pintar’ as historias e os costumes do seu país con humor e sensibilidade.

Serán de contos en Lugo

As actividades do día rematarán no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo, ás 20:30 horas, con ‘Contos do que non hai’ e ‘Nas corripas da memoria’, dos narradores galegos María da Pontragha e Lois Pérez, respectivamente. O espectáculo de Pontragha é un conxunto de historias de mortais, da xente que vai así, arrastrando a vida, porque as calamidades son dignas de se contar e as coitas sempre se levan mellor se se contan e comparten. En canto ás historias de Lois Pérez, nelas conflúen a tradición oral, o humor, a gargallada, os sucedidos que escoitou, a narración, o rock, a alta literatura, as baixas paixóns e, se ten o día, mesmo a poesía.

Unha manchea de artistas

O alacantino Pablo Albo (www.pabloalbo.com) iniciouse no mundo dos contos en 1994 e desde aquela xa leva percorrida contando historias case toda a xeografía nacional e boa parte do estranxeiro. Na súa faceta de escritor, ten publicados trinta e seis libros infantís e participou en cinco libros de contos para adultos. Entre os seus premios figuran o Lazarillo nas modalidades de creación literaria (2008) e de álbum ilustrado (2013), o Ciudad de Alicante (2003), o Villa dÍbi (2008) e o Leer es vivir (2009). Ademais, tres das súas obras apareceron no The White Ravens, a lista dos 250 mellores libros do mundo que realiza cada ano a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Internacional da Mocidade) con sede en Munich.

Cunha traxectoria de máis de vinte anos dedicada á narración oral profesional e ao teatro, a galega Raquel Queizás (www.raquelqueizas.com) mantén en cartel case unha ducia de espectáculos de contacontos, de diferentes temas e adaptados a diversas idades, desde bebés ata adultos. De formación filóloga, cursou estudos de Artes Escénicas en varios centros e encontros de formación.

Vero Rilo é contadora e educadora. No ano 2013 decidiu mergullarse no eido da narración e formou a compañía Daboapipa e, máis tarde, o dúo Rilo&Penadique a carón de Sonsoles Penadique. É unha participante habitual dos encontros narrativos galegos e tamén das programacións das redes AGADIC, Cultura no Camiño, Programa Apego, Deputación de Lugo, Deputación da Coruña, etc. É unha das transmisoras de emocións máis importantes do momento, unha narradora cunha forza, técnica e expresividade que a fan única e inesquecible.

Yoshi Hioki trasladouse no 1991 desde a súa Osaka natal ata Barcelona para estudar pintura. Alí entrou en contacto coa narración oral e comezou a súa carreira profesional como contador. Desde aquela, xa pasou por festivais de todo o mundo e segue a desenvolver actividades que mesturan as súas dúas paixóns: a pintura e a narración.

María da Pontragha é educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para público infantil e xuvenil como para adultos. Participou en diferentes xornadas de oralidade, festivais e encontros culturais dentro e fóra de Galicia; tamén desenvolveu o seu labor en bibliotecas.

O lucense Lois Pérez defínese como contador, poeta, dramatúzaro e distraidamente escritor. Comezou a contar enriba dunha caixa de cervexa e ten actuado en escolas de idiomas, institutos, universidades, presentacións de novelas, teatros, bares, cárceres, museos, feiras do libro, entre outros lugares.

Máis fotos en: www.flickr.com/photos/festivalatlantica

Os medios están autorizados a descargalas e a usalas con fins informativos.

CONTACTO: Soledad Felloza | 635 95 28 20 | festivalatlantica@gmail.com

Sobre o Festival Atlántica Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo é indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron espallando polos camiños do mar. Toda a información relacionada co programa e cos artistas pódese consultar na web http://festivalatlantica.gal.                      

PROGRAMA PROVINCIA DE LUGO 2019

Todos os espectáculos teñen entrada libre e gratuíta ata completar o aforo

Xoves 21 de marzo

“Contos de medo que dan risa” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán

“Romaría” | Raquel Queizás (Galicia) | En galego

17.30 | Salón de Actos dos Chaos | A Fonsagrada

Público infantil

“Contos, lerias e cousas pequenas” | Vero Rilo (Galicia) | En galego

“Contos para viaxar a Xapón” | Yoshi Hioki (Xapón)

17.30 | Sala Multiusos da Casa do Concello | Viveiro

Público familiar

“Contos pouco edificantes” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán

“Palabras na boca” | Raquel Queizás (Galicia) | En galego

20.00 | Salón de Actos dos Chaos | A Fonsagrada

Público adulto

“Lavandeiras” | Vero Rilo (Galicia) | En galego

“Contos populares do Xapón” | Yoshi Hioki (Xapón)

20.00 | Sala Multiusos da Casa do Concello | Viveiro

Público adulto

“Contos do que non hai” | María da Pontragha (Galicia) | En galego

“Nas corripas da memoria” | Lois Pérez (Galicia) | En galego

20.30 | Centro Cultural O Vello Cárcere | Lugo

Público adulto

Venres 22 de marzo

“Contos lerias e cousas pequenas” | Vero Rilo (Galicia) | En galego

“Contos para viaxar a Xapón” | Yoshi Hioki (Xapón)

17.30 | Biblioteca Municipal | Lugo

Público infantil e familiar

“De Tin Marín” | Soledad Felloza (Uruguai-Galicia) | En galego

“Contar” | Celso F. Sanmartín (Galicia) | En galego

17.30 | Casa da cultura ‘Poeta Lois Pereiro’ | Monforte de Lemos

Público familiar

“Contos de medo que dan risa” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán

“Contos de hai mil anos… ou máis” | Ángeles Goás (Galicia) | En galego

17.30 | Casa Habanera | Guitiriz

Público familiar

“Lavandeiras” | Vero Rilo (Galicia) | En galego

“Contos populares do xapón” | Yoshi Hioki (Xapón) | En castelán

19.30 | Centro Cultural O Vello Cárcere | Lugo

Público adulto

“O comezo do mundo” | Soledad Felloza (Uruguai-Galicia) | En galego

“Contar” | Celso F. Sanmartín (Galicia) | En galego

20.00 | Casa da Cultura ‘Poeta Lois Pereiro’ | Monforte de Lemos

Público adulto

“Contos pouco edificantes” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán

“O medo é libre” | Ángeles Goás (Galicia) | En galego

20.00 | Casa Habanera | Guitiriz

Público adulto

Sábado 23 de marzo

“Entre arrolos e contiños” | Bea Campos e Manuel Pombal (Galicia) | En galego

11.30 I MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo | Lugo

Nenos de 6 meses a 3 anos