Luar na Lubre presenta “XXX aniversario” en Vilalba o venres 17 de novembro.
Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, celebra a súa longa traxectoria cun CD de recompilación das súas composicións musicais. Non é un xuntanza tradicional de temas, senón que vai máis aló e achega unha colección diferente de temas “escondidos”, de tesouros “non habituais” , pero non por iso menos sorprendentes que os seus grandes clásicos.
Data: 17 de novembro de 2017
Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Hora: 20:30h
Entradas: anticipada15€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 18€.
Para todos os públicos.
*Información facilitada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.