A REQUECHA
JOSEFA CABADO NA MEMÓRIA
Finou Josefa Cabado, A Requecha do Cando. Poeta, regueifeira, labrega… 97 anos de memória vanse con ela e non só de memória, senón que se foi unha muller excepcional, única é irrepetíbel. Con casi um século de vida ainda recitaba as suas coplas de corrido e falava o “Chedé” ese idioma familiar inventado coa mesma naturalidade que nós falamos o galego. Non houbo na contorna lugares, feitos ou persoas que non mereceram unha copla súa, moitas delas racollidas por Xermolos no impresionante traballo que aqui vos deixamos para descargar en PDF. Xermolos, coa colaboración de Raúl Río, André da Ponte, o xenro de Josefa, Antón Ferreiro, Alfonso Blanco, Mini, Mero a família e a própria Requecha, compuxeron um documento que coa morte de Josefa faise ainda mais necesario para darlle a relevância que merece como poeta, regueifeira, creadora de coplas marabillosa e verdadeira representante da história recente da cultura popular rural. Quenes a coñecemos en persoa quedamos impresionante coa súa alegria, naturalidade e capacidade. É por esto que pensamos que o seu legado, ou polo menos unha parte, merece ser difundido para o seu coñecemento. Así o pensou XERMOLOS e desde esta humilde palestra agradecemos ese esforzo. A revista AS COPLAS DUN TEMPO, En formato físico pode adquirirse na Casa das Palabras de Guitiriz ou nos actos nos que participa ou organiza a Asociación.
Aquí vos deixamos está homenaxe á Requecha do Cando, conformandonos con ter contribuído a que sexa algo máis coñecida a súa labor.
Josefa Cabado, A Requecha, permanecerá para sempre na nosa memória. Como acostumava a decir…”cando me vaia do Cando”. E foi-se, máis seguirá igual en nós.
Velaí a ligazón ao libro.
Culturalia GZ
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1