Terceira edición de “Música na Praza”, tendo lugar durante todas as fins de semana de xuño, xullo e agosto. Comprende 25 actuacións musicais con concertos venres, sábados e domingos.
Segundo o día e a temática temos:
Venres ás 20.30 horas, concertos sobre clásicos populares.
Sábados, ás 22.00 horas con rock e música máis moderna.
Domingos, só haberá unha actuación ao mes e os concertos serán ás 13.00 horas na Praza da Constitución, onde actuarán as bandas de música con temas propios da sesión vermú.
No caso de choiva ou mal tempo, as actuacións dos venres e sábados trasladaranse ao Centro Cultural Recreativo e as de domingo ao Auditorio, con entrada libre e gratuíta.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.