O IEU retoma o proxecto FLORA DA ULLOA con novas excursións centradas en coñecer as plantas máis raras e ameazadas da Ulloa, como desculpa para seguir coñecendo a comarca e o conxunto da súa flora. O inverno está fraquiño e o impulso primaveral asoma por varias frontes; os amarelles ou narcisos son do máis propio deste tempo
Á mañá, de forma máis divulgativa e mediante un paseo accesible a calquera, visitarase A Peneda para coñecer e valorar a poboación do Narcissus cyclamineus, un narciso exclusivo da Galicia atlántica e norte de Portugal, do que só coñecemos esta poboación na Ulloa, no seu limite leste da área de distribución.
Á tarde procurarase a especie, e o que se tercie, na ribeira do Ferreira (sábese dunha poboación xa no concello de Guntín), só para espíritos e pernas aventureiras, nunha das zonas máis salvaxes e inaccesibles da Ulloa.
As persoas participantes deben avisar a súa asistencia para a xeira da tarde.