HOMENAXE A ISIDRO NOVO
Sábado, 3 de novembro de 2018
ENTRADA LIBRE
Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Lugo)
SIMPOSIO ISIDRO NOVO
Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Lugo). Entrada libre
10.30-10:50h.- Intervención de J. Luis Calvo: Isidro Novo: retrato robot.
10:50h.-11:10h.- Intervención de X. Ramón Freixeiro Mato: Isidro Novo no ronsel das palabras fuxidías.
11:10h.-11:30h.- Intervención de Yago Rodríguez Yáñez: Unha achega intimista á narrativa de Isidro Novo.
11:30h.-11:50h.- Intervención de Marica Campo: A poesía de Isidro Novo.
11:50-12:15h.- Pausa café.
12:15-13:30h.- Alén da escrita. O outro Isidro.
Faladoiro coa participación de Cesáreo Sánchez Iglesias, Darío Xohán Cabana, Paco Martín e X. Henrique Rivadulla Corcón.
Presentan e moderan: Lois Pérez e Antonio Reigosa.
Descuberta placa-homenaxe
13:45h.- Descuberta da placa-homenaxe a Isidro Novo por parte da Asociación de Escritoræs en Lingua Galega (AELG) na que foi última morada de Isidro Novo, Rúa Bispo Aguirre, 10.
RECITAL POÉTICO-MUSICAL
Patio do Centro Cultural Vello Cárcere (Lugo). Entrada libre
17:30h.- Intervencións de Xoán Neira, David Otero, Xosé Lois García, Lois Diéguez, Toño Núñez, Alberte Momán, Xoán Xosé Fernández Abella, Martiño Maseda, José Blázquez, Joaquín Carballido, Mª Xosé Lamas, Xosé Miranda, María José Fernández, Paco Reija, Cesáreo Sánchez Iglesias e Luis Valle.
Música: Tundal, Minhotos e Pilocha.
Presentan: Lois Pérez e Antonio Reigosa.
EXPOSICIÓN: Tocar as mans de Isidro Novo
Durante a xornada e no mesmo espazo (patio central e celas do Vello Cárcere) poderá contemplarse unha exposición con libros, fotografías, ilustracións e outros obxectos vinculados ao labor creativo e vivencial de Isidro Novo.
Comisaria: Viki Rivadulla.
Isidro Novo
(Lugo, 5 de outubro de 1951 – 1 de febreiro de 2018)
Logo publicar dous libros temperáns en castelán (14 poemas e Despacios), Teaza de brétema, colección O Barco de Vapor, 1994, foi o seu primeiro libro individual en galego. Seguiríalle o wéstern Por unha presa de machacantes, o libro de relatos Carne de Can e o poemario Dende unha nada núa (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1996).
En 1999 sae á rúa Antollos de Eimarmena, de narrativa curta, e a seguir as novelas Súa de si, Rosa lenta e Un escuro rumor tralo silencio (Premio Risco de Literatura Fantástica no 2005 e Premio Arcebispo San Clemente, 2007). No mesmo ano 2007 ve a luz Esteiro de noites falecidas (Premio Concello de Carral, 2006) e en 2009 publícase a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto Os fidalgos de Monforte: historia cabaleiresca do século XV. Tamén son obras súas o libro de relatos Cabalos do demo e outros invertebrados (2010), o de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar (2010), así como a novela de terror Sinistra Deixa (2012).
En 2016 sae á rúa o libro Memorias do san Froilán en cuxa elaboración participan tamén os asistentes ao Obradoiro de Narración Oral patrocinado polo concello de Lugo. Neste ano 2017 ven a luz o poemario CO2 e a novela O tabú na traslenda.
En tempos fixo radio (programa “Gomorritas e novas criaturas” na pirata Radio Clavi), ademais de publicar dúas guías orientativas para libar viño artesanal na cidade de Lugo.
Durante o último decenio foi vogal por Lugo no Consello Directivo da AELG e colaborador moi activo da Sección de Literatura de Tradición Oral, participando activamente no proxecto Polafías (máis de 30 celebradas por todo país desde 2007), da posta en marcha das distincións Mestras e Mestras da Memoria, da revista oral do San Froilán, “Letra das Festas”, e na organización das Xornadas de Literatura Oral.
Tamén puxo en marcha o proxecto da AELG denominado “Palabras con memoria” co obxectivo de recuperar palabras, expresións e acepcións nosas en desuso que por diversas razóns non atoparon sitio nos dicionarios e, polo tanto, en severo perigo de extinción. Máis de mil trescentas entradas ou palabras recuperadas que se poden consultar libremente na web da asociación, amais de térense publicado en distintas épocas no xornal La Voz de Galicia e no semanario Sermos Galiza.
«A escrita de Isidro Novo é o paradigma da escrita non centralizada. Isto demostra que lonxe dos centros literarios de poder e decisión tamén respiran escritores auténticos, e non só, como diría Góngora, a “infame turba de nocturnas aves” que se dán ao cavernoso oficio de enlear palabras en cortos e escuros latexos.
Isidro Novo debe ser situado, porque o seu lugar é este, en Lugo, e na súa vizosa tradición literaria que arrinca co rei sabio, Alfonso X, e a súa “Cantiga 77”. En efecto, o lugués, na literatura, é unha fortuna e unha denominación de orixe que, sen trasnoitadas excelencias localistas, parva e inutilmente escurecedoras doutras denominacións, pode merecidamente competir con todas e cada unha delas.
Obxectivamente considerada, a escrita de Isidro Novo é un ser artístico-verbal nado, crecido e madurado nas terras de Lugo. Aparte das referencias a lugares, tempos, circunstancias –persoais ou non–, explicitadas ou mergulladas nos seus libros e artigos, e detectábeis neles en canto realidades asumidas e artelladas esteticamente, todas esas páxinas, agás unhas poucas, foron escritas en Lugo. Esto quere dicir que o recendo das pedras musgadas, a cor das rúas, das árbores, do mar e das súas xentes, está albiscado pola mirada dun escritor que sempre levou a Lugo na ollada, e que reflexionou sobre a súa terra á luz do seu ceu gris. E isto é así porque o eu poético quixo que ditas realidades latexasen na única atmosfera que el respiraba, e porque quixo que teñan a única cor que os seus ollos fitaron… E ten unha urxencia de reciprocidade cumprida: Lugo fixo seu a Isidro porque Isidro fixo súa a Lugo, dese persoal xeito que entraña o asimilala vitalmente e perpetuala, creativamente metamorfoseada, nunha escrita caracterizada pola singularidade e orixinalidade».
José Luis Calvo
Bibliografía (selección)
POESÍA
En castelán
14 Poemas. Lugo: La Voz de la Verdad, 1974.
Despacios. Lugo: Martínez Sarceda, 1980.
En galego
Dende unha nada núa. IX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Sada: Ediciós do Castro, Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, 1997.
Sonetos. Ilustracións de Surikou. Pontecandelas: Edicións do Estrume, col. Suido, 2000.
Esteiro de noites falecidas. IX Premio de Poesía Concello de Carral. A Coruña: Espiral Maior, col. Poesía, 2007.
CO₂. Santiago de Compostela: Edicións Positivas, col. Di-Versos, 2017.
NARRATIVA
Literatura infanto-xuvenil
Teaza de brétema. Finalista Premio O Barco de Vapor 1992. Vigo (Pontevedra): S.M. col. O Barco de Vapor, 1994, 108 pp.
Relato curto
Carne de can. Santiago de Compostela (A Coruña): Edicións Positivas, 1997.
Antollos da Eimarmena. Santiago de Compostela (A Coruña): Edicións Positivas, 1999.
Cabalos do demo e outros invertebrados. Ilustración Ánxela Pérez Meilán. A Coruña: Editorial Trifolium, col. Litterae, 2010.
Novela
Por unha presa de machacantes. Ilustracións de Quique Bordell. Santiago de Compostela (A Coruña): Edicións Positivas, 1996.
Súa de si. A Coruña: Biblos Clube de Lectura, col. Mandaio, 2003.
Rosa lenta. Finalista do Certame de Creación Literaria “Terra de Melide” 2004. Vigo (Pontevedra): Francka Editora, 2004.
Un escuro rumor tralo silencio. Premio Risco de Literatura Fantástica 2005. Santiago de Compostela (A Coruña): Sotelo Blanco, col. Medusa, 2005.
Sinistra deixa. Ilustración de Elerre. Noia (A Coruña): Editorial Toxosoutos, col. Nume, 2012.
O tabú na traslenda. Santiago de Compostela (A Coruña): Urco Editora, col. Alcaian, 2017.
OUTROS LIBROS
Autoría individual
Guía do bebercio lugués ou as rotas do viño artesanal,: A Taberna de Marcos, 1992 e 1995
O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar. A Coruña: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, col. Viaxes Literarias, 2010, 73 pp.
A estas obras deben engadirse traducións, textos de creación, limiares, e ducias de artigos publicados en xornais, revistas e volumes colectivos.
“Autobiografía”. En:
*Imaxe do autor recollida do Centro de Documentación da AELG