A Señora Pandeiro e o Señor Pandeira, están de volta para inaugurar o ano foliadeiro en Begonte cunha nova Foliada de Inverno 2018. Despois do interesante obradoiro de percusión do sur de Italia e concerto dos Brigan, daremos paso á Foliada cos seguintes grupos, Foliadeir@s do Castro como grupo residente, Xaquelogo desde Monterroso e pecharán, desde Palas de Rei, a rapazada dos Fedellos da Ulloa, que tan ben o fixeron na foliada aberta do pasado outono. A foliada comezará sobre as dez da noite.
Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, foliada aberta.
Lembramos que aínda se pode apuntar xente ao obradoiro de percusión, ben a través deste correo ou chamando ao 616705174.
Achegamos cartaz da actividade.
AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/