O xurado do II Certame de Caligramas “Constanza de Castro” e do II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba” vén de escoller a obras gañadoras en ditos certames:
II Certame de Caligramas “Constanza de Castro”:
1º Premio: “Galego é o baile, o baile Galego”, de Leire Álvarez Goris (Vilagarcía de Arousa. Pontevedra)
2º Premio: “Nós“, de Suso Díaz (Mérida, Badajoz)
II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba”:
1º Premio: “Ao carón do lume”, de Aiala Díaz Castro (Pino, Cospeito)
2º Premio: “O mundo cando era Caldaloba”, de Duarte Mariño Torrado (Porto do Son, A Coruña)
Ámbolos certames foran convocados pola Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, coa axuda de Caldaloba e Culturalia GZ, e a colaboración institucional da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Cospeito.
A entrega de premios realizarase o sábado 22 de outubro, ao carón da Torre do Caldaloba, durante a celebración do II Magosto Cal da Loba.