Acompañado dun rompedor videoclip, trátase dunha viaxe dende a verdade para brillar sen medo a nada

Diluvio, que acumula xa máis de 60 millóns de visualizacións en todas as plataformas dixitais, as colaboracións con Iván Ferreiro, Macaco e Rozalén, e a súa recente candidatura a sete categorías nos Premios MIN, Tanxugueiras estrean hoxe un novo sinxelo.    Aire é o novo lanzamento do trío galego, contando nesta ocasión coa produción de Lowlight, (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un moi longo etc. de músicos da escena urbana), e demostrando unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras nas súas cancións.    En palabras da banda, Aire “é unha canción que fala de liberdade, de ser e de reinventarse. Unha viaxe a toda velocidade sen pensar moi ben nas consecuencias e actuando inconscientemente, pero facéndoo dende a verdade e o sentimento máis salvaxe e instintivo, buscando unha evolución persoal. Como sempre, nel reside unha mensaxe empoderadora onde se animan a todas as persoas a levar o seu ser á máxima potencia, e a brillar sen medo aos prexuízos nin ao que dirán”.

ESCÓITAO XA EN TODAS AS PLATAFORMAS!

 

   

** VINDEIRAS DATAS ** 
04/06 • Guitiriz • Lugo  17/06 • Festival Plenilunio Folk • Maliaño, Camargo (Cantabria)  24/06 • A Estrada • Pontevedra  01/07 • Asalto ao Castelo • Vimianzo (A Coruña)  08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)  21_22/07 • Festival Leturalma • Letur (Albacete)  15/08 • Monforte de Lemos • Lugo  01/09 • Valladolid • Valladolid