A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 26 de marzo, ás 17 horas, o espectáculo de Fantoches Baj, “Novos Lobos”. Dirixido para público familiar e crianzas, a partir de cinco anos, nel mestúrase a narración oral coa manipulación dos títeres.

Espectáculo baseado en contos da literatura popular adaptados e interpretados desde outras olladas. O espazo en que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña ondeun pastor está a coidar das súas ovellas (o público) 

Ver ligazón do espectáculo: https://www.youtube.com/watch?v=mhvZc6bYn2w&t=104s.

Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro(2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Entre os máis recentes Os Golfiños e o xigante, traballo polo que obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil, Os romeiros do caracolAuga que non vas beber…

É necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621 (billete: 2 euros)