O edificio do Arquivo de Galicia de Betanzos, coñecido na actualidade como edificio do Liceo, foi construido para os fins de arquivo de Galicia en 1764 sobre un proxecto do enxeñeiro militar Feliciano Míguez y Pereira. Recibe o nome de Edificio Arquivo ao ser sufragado polas sete provincias do Reino de Galicia (entre as que contou Betanzos até 1834) co obxecto de ser Arquivo da Real Audiencia sendo con todo un dos edificios civís máis importantes da cidade e mesmo do estado, pois foi o primeiro edificio destas características en España, aínda que non chegou a albergar nunca as actividades proxectadas. Hoxe é coñecido co nome de Liceo popularmente porque chegou a albergar ao Liceo recreativo de artesáns desde mediados do século XIX. Ademáis do Liceo chegou a acoller numerosas e variadas actividades, sendo hoxe un edificio administrativo do concello e tendo, ademáis de despachos e oficinas, salón multiusos, salas de exposicións, oficina de turismo etc…

Moi de estilo daquel tempo e con claras influencias neoclásicas e dos gostos militares da época, a grande variante arquitectónica neste edificio foi, non sabemos si por encargo ou propia iniciativa, as sete naves abovedadas que representaban ás sete capitais galegas e que ademáis da orixinalidade e simbolismo, supuxeron posiblemente o posterior derrubamento casi douscentos anos despois de grande parte do emblemático edificio.

Segundo o artigo de Xosé Raimundo Núñez Lendoiro titulado “el teatro de la Ciudad”, o edificio chegou a albergar numerosos usos desde a súa construcción e nunca o de arquivo, entre eles os de “cuartel, escuela, alhóndiga pública, cuadra de posta, sede de sociedades (Tertulia, Circo, Tertulia-Circo, Liceo Recreativo de Artesanos), sala de fiestas,tabernas y cafeterías” e mesmo na súa fachada, até pasar a ser sede municipal figurou un letreiro que poñía “TEATRO DE LA CIUDAD”.

A orixe do Arquivo do Reino de Galicia data da Real Cédula emitida polo Rei Carlos I con data de 3 de febrero de 1529 e unha Real provisión da Raíña Juana I con data do 1 de marzo de 1543, cando se ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da Real audiencia de Galicia, un organismo creado polos reis Católicos mediante varias disposicións a partires de 1480. O seu inicio formal data da Real cédula de Carlos III de 22 de Outubro de 1775, cando se crea o Arquivo, asignandolle tamén personal e normas de funcionamento, e para esto ordenouse a construcción do edificio para Arquivo en Betanzos a fin de retíralo dos baixos da Real Audiencia.

O edificio constaba de sete bóvedas con sete chaves, tantas como provincias tiña o Reino de Galicia, unha por provincia, entre as casi estaba a de Betanzos. Sen embargo, nunca chegou a realizar o seu cometido fundacional por un decreto que obrigou o traslado do arquivo á cidade da Coruña.

O edificio esta situado na Praza dos Irmaos García Naveira, antiga Praza do Campo. Ten duas prantas e unha lonxitude na fachada principal duns 50 mts. e un ancho nos laterais de 25 mts. En disposición rectangular en duas alturas. Coa fachada principal de cantería, a disposición xeral do edificio articulase en basamento, corpo principal e cornisa. Ten o acceso pola primeira pranta a través dunha dobre escaleira de pedra exterior. A fachada principal conta con un tragaluz oval e o escudo de Galicia tamén en pedra e os desaugues do teito en forma de gárgolas.

Tiña un paseo arredor do que só se conservan a parte traseira e unha lateral coñecida hoxe como Alameda, conservándose os peares que sostiñan as portas así como pétreos pebeteiros nas esquinas e algún máis entre estes.

O 6 de xaneiro de 1948 desplomouse unha ala do edificio e parte do muro orixinal, que foron reconstruido pero xa sen as  bóvedas interiores.

Actualmente, agás as escaleiras interiores que se unen coas exteriores mediante un descanso, é o único que queda da parte interior do edificio orixinal, que conserva sin embargo no exterior moita da grandeza orixinal.

O proxectista, o enxeñeiro militar Feliciano Miguez y Pereira, fixo os planos do edificio en 1765, de estilo neoclásico. Miguez proxectou tamén o edificio de Capitanía General da Coruña. O edificio do Arquivo  costou 800.000 reás da época, recadados gravando o consumo de sal e viño con impostos durante 10 anos. Miguez deseñou as sete naves abovedadas recubrindo a parte superior das bóvedas de pedra, seguramente para evitar o uso de madeira e aminorar os riscos de incendios, sometendo a estrutura a un enorme peso e segundo contan provocando en 1948 o derrubo do muro da ala esquerda.

En 1921, sendo o Liceo o ocupante do edificio, o reputado arquitecto Rafael Gonzalez Villar, que acometeu diversas obras en Betanzos para os irmaos García Naveira, acomete reformas conxuntamente coas do cine Alfonsetti. Reforma a porta e o vestíbulo, con unha tendencia ecléctica, con certo barroquismo pero sen romper coa unidade estética do edificio. Crea un vestíbulo que exerce  de centro simétrico e referencial do edificio desde o cal se distribuen as distintas dependencias. Busca un efecto suntuoso con unas amplas escaleiras de mármol branco e motivos decorativos en estucados moi proprios da súa primeira etapa. Gusta de pequenos detalles decorativos facendo do hall e a escaleira o centro e a centralidade do edificio e coa porta, en deseño de ferro fundido con motivos arquitectónicos, que pretenden tamén buscar ese reclamo da centralidade desde o exterior.

O uso orixinal que nunca chegou a ter o edificio do Arquivo, deu lugar a múltiples usos adaptados á disposición arquitectónica do mesmo sin apenas modificacións estructurais até producirse o derrubo das bóvedas e o muro esquerdo. O paso do tempo e o cambio de propiedade e usos motivou a súa rehabilitación a finais do século XX. A volta ao seu estado anterior viuse prácticamente imposíbel tanto pola inviabilidade económica como polos servizos que debía prestar a partires de entonces. Non se podía facer revivir o pasado tal cual era. A duración da realidade cultural está cifrada non na duración da materia, senón nos significados socias atribuibeis a esas materialidades e que permanecen na memoria, pero eses significados non son un conxunto estático de datos susceptíbeis de recuperarse, senón un proceso do recordo que os fai presentes, o que deixa os conceptos nun camiño intermedio, nunha concepción dinámica do significado, que se entende radicalmente marcado pola temporalidade, o cal non significa de ningún modo que sexa algo arbitrario, pois xoga dentro dun campo limitado de posibilidades. A restauración dos significados, a duración do cultural, non é pois unha continuidade idéntica co pasado, a recuperación de algo xa dado, pero tampouco pode ser unha invención, senón que se atopa nese medio camiño no que os autores xustificaron a súa intervención. Así, o edificio orixinal mantén a estructura exterior prácticamente idéntica ás orixes nunha impresionante imaxe histórica, proba visual da grandeza do pasado da vila, capital dunha das sete provincias do reino de Galiza, si ben no interior nada lembra xa aquel pasado.

Foi o arquitecto Rafael González-Cebrián Tello o encargado, baixo estes preceptos de recuperar o edificio por encargo do Concello e que manifestou ao respecto do deseño orixinal o seguinte: “A única culpa  do sucedido co derrubo, foi do arquitecto. O edificio estaba dividido en sete naves abovedadas e a parte superior de cada bóveda cuberta de pedras, o peso era inmenso e o muro que contrarrestaba na ala esquerda o empuxe das bóvedas xa estaba debilitado e sen ningún informe que advertira dese feito anterior ás miñas observacións. A falta de cartos impideu solucionar o problema a tempo. Cecais foi mellor así porque a reconstrucción debeu ser total e acaída aos novos usos. Puido caer polo efecto de desgaste da choiva ou por un simple portazo, non podía resistir así moito tempo, polo menos a nave lateral, xa condenada. Para min, repito, a causa foi o señor Miguez y Pereira. Así e todo, a fachada, un lateral e os accesos principais non sofreron desperfectos e poderanse manter íntegros nas obras de restauración”.

Mantén o simbolismo máis mudou de usos e estructura arquitectónica orixinal no interior onde alberga un espazo moderno e funcional, con un teito con lucernarios e espazos multiusos con ascensores para a accesibilidade e perda evidente do encanto de antaño, sacrificado para adaptalo a novas funcións.

Segundo resume o historiador Martínez Santiso “Acaso este edificio sea el único construido en España expresamente para  archivo; pero por una de tantas aberraciones y anomalías, que en nuestra patria suceden, sirvió para todo menos para el objeto para el que fue destinado, sirvió de cárcel, cuartel, almacén, caballerizas, oficina, escuela de primeras letras, lugar de recreo, habitaciones particulares, hospital provisional, granero, alhóndiga, local de espectáculos, y hasta hubo instaladas tabernas; mas nunca llegó ni aún a intentarse la traslación del archivo a tal edificio”.

A diversidade funcional fixo que o edificio do arquivo, ao longo de máis de 200 anos de vida, teña pasado por diversas fases e formas culturais de ser entendido e utilizado. Esta explendida construcción, sigue con uso e vida activa e da súa función orixinaria conserva aínda o nome como testemuña dunha parte importante da história de Betanzos, de Galiza e da súa relevancia no estado, e testemuña tamén da evolución dos últimos douscentos anos.

 

CONCLUSIÓNS:

O edifício do Arquivo do Reino de Galicia de Betanzos, concebido para un uso concreto e deseñado a tal fin polo enxeñeiro militar Feliciano Miguez y Pereira foi o primeiro edifício público das suas características no estado. O deseño coas sete naves con bovedas de pedra mantiñan tamén unha forte carga simbólica e representativa das sete capitais galegas. O deseño sóbrio e robusto de estilo neoclásico, moi do gusto militar da época non limitaba a súa grandiosidade. Circjnstancias políticas levaron a que un inmoble concebido para un uso tan específico chegase a acoller entre as suas paredes moitas outras funcionalidades, moi díspares unhas das outras até o seu derrubamento parcial en 1948. Prévio á remodelación provocada polo desplome, só tivo unha intervención estrutural a cargo do admirado arquitecto modernista Rafael González Villar en 1921 autor de numerosas construccións na mesma vila hoxe verdadeiros monumentos dignos de estudio. A intervención de González Villar supuxo a construcción da escaleira interior e o descanso entre esta e a exterior en marmol branco que imprimiu ao edifício unha notável elegancia visual  e a porta principal de ferro fundido así como o axardinamento exterior hoxe desaparecido. Tanto o aspecto exterior orixinal do edifício como a intervención de González Villar en 1921 siguen a ser o máis reseñable da construcción unha vez desaparecido o teito abovedado e as sete naves interiores. A adaptacion posterior aos actuais usos, auditório ou sala multiusos, salas de expisicións, oficina de turismo, despachos e salas administrativas, non aportaron nada novidoso desde o punto de vista arquitectónico nin salientabel desde o punto de vista do deseño. O actual edifício sigue destacando polo seu grandioso aspecto exterior, a fachada em pedra coa grande escalinata, as gárgolas de desaugue e a escaleira interior de González Villar. Nin o auditório, non as reformas interiores teñen máis relevancia que as de calquera outra oficina ou sala multiusos polivalente nin o arquitecto aproveitou a posibilidade de dotar ao edifício con unha aportación destacada con un lucernario que foi creado posiblemente con unha evidente escaseza de recursos na reforma. O edifício representou desde o seu início unha oportunidade perdida e o derrubamento, que concedeu, ao ter que proceder a un deseño partindo de cero segundo o próprio arquitecto Cebrián González-Tello, outra grande oportunidade perdida desde o punto de vista arquitectónico ainda que, por sorte, o actual uso, contribue á súa vixencia e conservación. O caso do edifício do Liceo é um exemplo claro dos condicionantes políticos na construcción civil, no deseño urbano e nos destinos destas edificacións. Betanzos, unha vila con unha importante história arqueoloxico, medieval, e moderna, conta con un interesante convivio de estilos arquitectónicos, civís e deliciosos romanicos, góticos, neoclásico ou modernistas. Unha riqueza moi importante da que o edifício do Arquivo do Reino de Galicia é unha das pezas máis importantes. Como salientou o historiador é arquivei municipal, Alfredo Erias Rodríguez “a riqueza do pasado foi moi agredida no último século perdendose construccións de grande relevancia consequência dunha especulación própria dun novo pailanismo político”.

Maria B. Veres

mariabveres@gmail.com

 

Bibliografía:

-Anuario de Betanzos Nº 82- Arquivo do reino de Galicia en Betanzos.

-Anuario de Betanzos. El teatro de la Ciudad, deXosé Raimundo Núñez Lendoiro.

-Feliciano Miguez y Pereira y los Ingenieros militares de Betanzos.

-Archivo histórico del Reino de Galicia, guía del investigador, por Antonio gil Merino.

-Arquivo do reino de Galicia, Catálogo.

-El Archivo de Galicia de Fco. J. Martinez  Santiso.

Orientacións, Alfredo Erias Martinez.

 

*María B.Veres (12/09/1995)

Cursa estudos de deseño de interiores na escola Ramón Falcó do campus de Lugo da USC. É tamén monitora de tempo libre e realizadora de diversos proxectos audiovisuais, algún deles En colaboración coa Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares. Ten raíces familiares nos Vilares.