Fundación de Betanzos. Traslado ó Castro de Unta. Betanzos 13 de Febreiro de 1219.

 

“No nome do noso señor Xesucristo. Sexa coñecido de todos, tanto presentes coma futuros, que Eu Alfonso pola Graza de Deus Rei León e  Galiza,  mudo a Vila de Betanzos para o Castro de Unta a instancia e petición da mesma Vila. E porque o mesmo Castro era herdade do Mosteiro de Sobrado, dou e cedo en compensación da mesma herdade e para sempre a Vos Abade Señor Henrique e Comunidade do mesmo Mosteiro de Sobrado a cuarta parte de tódalas rendas e proveitos da mesma vila e que á mesma pertenzan tanto por mar coma por terra, para que libre e pacíficamente sen oposición algunas teñades vos e o mesmo Mosteiro a mesma cuarta parte por dereito de herdanza para que sempre coa metade de tódalas Capelas que na mesma vila sexan construídas, como aquello que tedes e máis libremente é da vosa propiedade.

E sáibase que Vos Abade e Comunidade de dito Mosteiro dádesme a min para a poboación de dita Vila o enriba dito Castro de Unta e tódalas demáis herdades que tedes a redor mesmo do Castro. A Saber: pola fonte que está na ribeira do río Mandeo á carón da ponte de Unta e de aquí enriba polo Val antigo e do outro lado polo camiño que chega ó voso Hórreo, excepto o mesmo límites do mesmo Castro coas preditas herdades, queda a un carón e ó outro os dous ríos.

Se alguén pois, tanto da nosa parte coma da estrana ousa actuar contra este feito noso e tenta infrinxir dalgún xeito esta nosa carta de concesión, incurra na ira de Deus todopoderoso e na indignación rexia e todo por canto usurpare sexa reposto por dobre cuantía ó abade e sucesores de dito Mosteiro e pola súa temeraria pague mil Marabetinos á parte rexia; e finalmente, con Datán e Abirón, a quenes tragou vivos a terra pague penas perpétuas no inferno; non obstante a carta permaneza sempre en vigor.

 

Dada a carta en Valencia, día 13 de Febreiro, Era M.C.L.L. sétima.

 

Eu O Señor Alfonso Rei corroboro esta carta que mandei facer e convalídoa co meu selo.

 

SELO DO ILUSTRE ALFONSO REI DE LEÓN E GALIZA.

 

Pedro IIII Arcebispo de Compostela

Ruderico Bispo de León

Lorenzo elexido de Ourense

Esteban Bispo de Tui

Ordoño Bispo de Lugo

Pedro III Bispo de Astorga

Martín Bispo de Zamora

Gonzalo Bispo de Salamanca

Lombardo Bispo de Ciudad (Rodrigo)

Conde Don Fernando Vasallo do Rei

Don Juan Fernández abanderado do señor Rei e teniente de Trastámara e Monterroso e Toronio

Don Velasco Gómez teniente de Montenegro

Don Martín Sánchez teniente de Limia e Sarria

Don Lorenzo Suárez maiordomo do Rei teniente de Extremadura

Don Fernando (non se ve) teniente de Sanabria e Benavente

Don Diego Froile teniente de Masilla e Castroterra

Pedro Pérez Arquidiácono Salmantino teniente da Chancelería. O mestre Miguel Notario do Señor Rei escribeu e confirmou.

 

Tradución do documento, extraído da páxina do Cronista Oficial de Betanzos, ó galego feita pola Vocalía de Cultura do Lar de Unta no 2018.