NPG E Culturalia GZ COA UNED SÉNIOR
Novos cursos literarios e artísticos na UNED Sénior.

O grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma CulturaliaGZ colaboran coa UNED Sénior de Aranga, Monfero e Terra Chá na realización de novos cursos de poesía, literatura e arte.
O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán os encargados de coordinar as clases e obradoiros destas novas materias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia, e os seus compoñentes.

Así, as preinscricións e información poderánse até o 15 de setembro nos seguintes correos:

info@culturaliagz.com
dosvilares@gmail.com
coordinadorunedsenior@gmail.com

Tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de soños.

Para preinscricións chega con enviar a calquera desas direccións os datos que se indican a continuación:

Nome e apelidos
Data de Nacemento
DNI
Estudos
Dirección
Tfno fijo e/ou móbil
E-Mail

 

PROPOSTAS DE CURSOS:

  1. OBRADOIRO DE POESÍA: POEMAXE (unha combinación de poesía e imaxe).
  2. OBRADOIRO DE NARRATIVA: O MICRORRELATO (a condensación literaria da 
    palabra).
  3. CURSO DE PINTURA E ARTES DECORATIVAS (a emoción reflectida a través 
    da cor).

    Obxectivos:
    Que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía, narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos
    relacionados coas disciplinas mencionadas.

    Finalidade:
    Creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan apreciados por parte do público.

 

 

Aberto o prazo de matrícula da UNED Sénior, para maiores de 50 anos
15.06.2018 | | A Coruña

A UNED Sénior da Coruña xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2018/2019 e poden inscribirse todos os maiores de 50 anos que queiran unha formación universitaria. A inscrición seguirá aberta ata que se completen as prazas e comecen as clases en outubro. O ano pasado un total de 365 alumnos acudiron á UNED Sénior e agárdase que o número sexa similar ou maior. Tamén se impartirán os seguintes aulas: Prevención de Riscos na Vida Cotiá, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Patrimonio Histórico, Informática, Música, Canto e Gimnasia. Cada unha terá unha duración de 30 horas lectivas.