A actriz, titiriteira e contadora ourensá, ALBA GRANDE, levará a cabo este sábado, 21 de maio, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, unha función de narración oral, Contos arredor do lume, dirixida para público familiar a partir de 5 anos.
Será catro contos de tradicións populares que nos falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Un espectáculo que inclúe o son dun pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas e escenas de títeres creados con obxectos.
Un fermoso alegato sobre o coidado da nosa contorna a través Vasalisa e Baba Iagá, Apaporroiba valente que loitou contra o lume que incendiaba a fraga, A paxariña que trouxo o lume á humanidade e O rato e a rateira.
É necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.