O sábado 29 de xullo, organizada pola Comisión Monte Farelo do Instituto de Estudos Ulloáns, impartirase na igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla a conferencia Monte Farelo: patrimonio natural e cultural.
Coordinan o acto os historiadores Xulio Cuba e Sinda Vilameá, veciños de A Somoza (Monte Farelo, Antas de Ulla), e imparten a conferencia o antropólogo Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego, e o xeólogo Felipe Fernández Martínez.
Con esta conferencia inícianse as actividades da Comisión Monte Farelo, coa finalidade da posta en valor e a protección do rico patrimonio, tanto natural como cultural, do Farelo.