O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o xoves 14 de decembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha CONFERENCIA titulada “O legado de Dorothé Schubarth na tradición galega”, que será impartida por SABELA OLIVARES, Titulada Superior de Música. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
Esta será a novena conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, poñendo o colofón ao mesmo no que atinxe ao presente ano 2023.
NOTA_INFORMATIVA_sabela-olivares