Este sábado, día 12 de marzo, ás 20 horas, a formación orixinaria de Antas de Ulla, Zoelas, estará interpretando, na Casa-Museo Manuel María, pezas do seu traballo Evelaités, así como as súas últimas e recentes composicións.
Zoelas é un proxecto musical en que se mesturan as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).
Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente o billete (5 euros) no enderezo electrónico
contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.