Coincidindo co 140 aniversario do pasamento do compositor galego Marcial del Adalid, o dúo integrado por Margarita Viso Soto e Juan Durán Alonso interpretarán este sábado 24 de abri, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María, a música escrita por Adalid para piano a catro mans. O programa será o seguinte:
Primeira parte
3 Marches
1/ Do menor
2/ Mi b maior
3/ Re menor
Sonate nº 1:
1/ Allegro moderato
2/Scherzo
3/Andante. Arietta
4/Rondó
Segunda parte
Sonate nº 2:
1/ Allegro brillante
2/Minuetto
3/Intermezzo cantabile
4/Rondó gracioso
Juan Durán é considerado pola crítica e público como o máis importante compositor galego da súa xeración, cun catálogo no que a ópera e a música sinfónica conviven cunha importantísima produción de música de cámara e lied, ademais de infinidade de orquestracións de música galega.A súa obra soa con frecuencia por todo o mundo, desde Europa a EE. UU, baixo a dirección de grandes batutas do noso tempo, como Vanska, Mena, Víctor Pablo ou Gómez-Martínez entre outros. Nomes como os de Elina Garança, Gallardo- Domâs ou o mesmo Orfeón Donostiarra cantaron moitas das súas creacións mentres a súa música de cámara foi interpretada e levada ao mundo do disco por agrupacións como Zoar, Hércules Brass ou o Grupo Instrumental Século XX.Entre outros moitos premios, Juan Durán conta co Premio dá Cultura Galega 2013 e co Premio Reina Sofía 2018. É ademais membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes e da Academia da Música Valenciana.
Margarita Viso realiza estudos no Conservatorio Profesional de Música e Declamación de A Coruña. De piano con Jeannette Romero, de harmonía e contrapunto con Rogelio Groba. Amplía coñecementos con Mª Luisa Nache (canto), José Ferrer (trompa), Carlos López García Picos (composición), Eva Alcázar, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).Como compositora é autora de diversas obras de cámara e para voz e instrumentos. Pertence á Asociación Galega de Compositores. A súa actividade como pianista acompañante incide principalmente no repertorio da música galega e española.Como musicóloga ten investigado sobre compositores galegos principalmente, destacando os seus traballos sobre Marcial del Adalid e José Baldomir. Pertence á Sociedad Española de Musicología e á Irmandade da Música Galega.Crea a editorial VISO (1997) adicada á publicación de música de autores galegos.Profesora de Solfexo e Teoría da Música (Madrid 1985), e Pianista Acompañante (A Coruña 1998), desenvolveu o seu labor docente nos conservatorios de Zaragoza, Ponferrada e A Coruña. Xubilada no 2017.En novembro de 2020 recibe o Premio da Crítica de Galicia, na sección de música.
É imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whataspp 698177621. Billete: 5 euros.