O vindeiro sábado 26 de xaneiro, o lucense Adrián Vigo, dará un concerto en compañía da súa banda no auditorio Carmen Estévez ás 20:30h con entrada gratuíta.
Adrián Vigo, un mozo que, cunha discapacidade do 80 %, compón cancións e toca o piano, presentará o que xa é o seu segundo disco titulado «Reflejos», da man do seu profesor, amigo e compañeiro David Taboada, e acompañado da súa banda.
As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com e na Casa da Cultura.
*Información achegada desde a Área de Cultura do Concello de Vilalba.